O BNG tilda de «indecente» o coste da cabalgata de Reis

La Voz

A CORUÑA

«É á política de pouco pan e moito circo de Negreira», señalan los nacionalistas

19 ene 2015 . Actualizado a las 13:37 h.

O grupo municipal do BNG denuncia que o goberno de Negreira «dilapidou máis de 1 millón de euros no Nadal», xa que o expediente do IMCE que recolle os custos da cabalgata de reis deste 2015 reflicte que só este organismo municipal gastou un total de 375.764,35 euros na cabalgata, «uns cartos aos que hai que sumar os gastos do belén municipal e os reis magos e das visitas de papá noel pola cidade, un total de 16.980,62 euros», engade o grpo da oposición antes de sinaliar que, a maiores, habería que engadir os gastos derivados do poboado lapón, que valeu ao redor de 214.000 euros, e os gastos do alumeado de Nadal, que nesta campaña navideña se dispararon aos 422.441,25 euros.

O BNG rexeita que se empregue tal cantidade de cartos públicos no nadal, cuxos gastos poderían ser moitísimo máis reducidos. «O excesivo gasto neste ostentoso nadal responde á política de pouco pan e moito circo do PP na cidade da Coruña, que tampouco tivo reparos en gastar máis de 2 millóns nas festas de María Pita», suliña o gripo municipal. A este respecto, o Bloque critica que o PP gaste esta cantidade «obscena» cando recorta en cultura e en servizos sociais. Así, «mentres non hai cartos para a compra de libros nas bibliotecas e mentres hai familias que seguen á espera dunha axuda de emerxencia social que non chega, o goberno do señor Negreira non ten reparo en gastar máis de 1 millón de euros só no nadal», lamenta.

Os nacionalistas consideran «unha auténtica indecencia gastar semellante cantidade de recursos públicos no nadal cando o paro segue a ser a máxima preocupación do pobo da Coruña», e lembra que en setembro, outubro e novembro «o desemprego subiu en 741 persoas e que a día de hoxe se atopa nas 21.698 persoas», sin contar «todos aqueles que xa non se anotan nas listas do paro por teren rematada a prestación e mais o impacto de todas aquelas que se ven na obriga de emigrar por non ter acceso a un traballo digno na terra».