-En calquera sitio menos aí...
-Eu non quero comparar, pero isto pódenos recordar ao caso do Algarrobico: plantar no borde marítimo un hotel cun volume tremendo para que se poida ver o castelo ou o mar desde as habitacións ou a cafetería do hotel.
-¿Como explica o cambio na política urbanística de Alternativa?
-Terán que explicalo eles. Non sei por que ven este cambio, pero é moi certo que choca coa xestión urbanística que fixo ata agora. A razón non a sei.