Días de gloria para Vidal Bolaño

J. Becerra / R. García A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

PACO RODRÍGUEZ

O dramaturgo protagoniza actos nos teatros e bibliotecas da cidade

14 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A reina de África e o western deixaron a súa pegada en Días sen gloria, a obra de Roberto Vidal Bolaño que conta unha viaxe polo Camiño de Santiago e que o Centro Dramático Galego representará o vindeiro venres, 17, ás 20.30 horas no Teatro Rosalía de Castro. O día anterior haberá unha representación para escolares. O mesmo esquema que ten en outro dos teatros da cidade, o Colón, a representación de As marxes da desgraza, composta por unha escolma de textos do protagonista do Día das Letras Galegas: onte foi a función para os escolares e desde hoxe ata o xoves, todos os días ás 20.30 horas, serán para adultos as representacións do Laboratorio Teatral.

Onte a Biblioteca de Estudios Locales acolleu un acto sobre o dramaturgo e haberá outro na escola Pablo Picasso consistente nun coloquio no que participarán os xornalistas e escritores Camilo Franco e Tucho Calvo. Ademais, abrirase a exposición As facianas de Vidal Bolaño. Son días de gloria para o dramaturgo.