A RAG nomea académico de honra a Carlos Alberto Zubillaga

Ana Lorenzo Fernández
Ana Lorenzo A CORUÑA

A CORUÑA

EDUARDO PEREZ

A academia quere recoñecer a súa importante labor na investigación e promoción do galego en Uruguai

21 abr 2012 . Actualizado a las 18:16 h.

A Real Academia Galega (RAG), que preside Xosé Luís Méndez Ferrín, vestiuse hoxe de gala para o nomeamento como académico de honra do escritor e investigador uruguaio, pero de orixe galega, Carlos Alberto Zubillaga. No seu discurso de ingreso recordou aos primeiros galegos emigrados que trasladaron a Uruguai a súa tradición relixiosa, creando alí varias igrexas e colocando varias «cruces de pedra por Montevideo». A súa ponencia foi contestada polo expresidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, que dixo que o seu nomeamento como académico de honra era para recoñecer a súa «xenerosidade e a lexítima paixón con que sempre defendeu os nosos dereitos», xa que a ao longo de más de 40 anos de docencia e investigación sempre recordou a importante presencia galega en Uruguai.