«En Meangos teño todo a man»

t. s. abegondo / la voz

A CORUÑA

22 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Apenas leva dúas semanas no seu novo domicilio. A cantante Rosa Cedrón trocou o ruído da cidade polo silencio de Meangos, unha agreste parroquia de Abegondo. Alí criará a súa nena, Eire, a quen se lle espera en febreiro.

-¿Que a levou a instalarse en Abegondo?

-Foi algo accidental. Buscabamos un sitio onde estar tranquiliños e mercamos esta casa. Estamos rodeados de árbores, vacas, corvos... O corpo nos pedía un mundo rural.

-¿E tarda moito ao seu punto de traballo?

-En dez minutos xa estou na autovía, salvo que me coincida ir por detrás dun tractor. Por outra banda, eu viaxo moito a Madrid e o aeroporto téñoo a só quince minutos.

-¿E cómo anda Meangos de servizos para ofrecer aos veciños?

-Teño todo a man, aquí hai tendas de pan, de carne... mercamos en Betanzos, que está pertiño.

-¿Vese o resto da súa vida no seu novo domicilio abegondés?

-Viñemos aquí porque lle quería dar outro tipo de vida á nena. Faláronme moi ben dos servizos de gardería, nos que hai pouquiños rapaces e están moi ben atendidos. Penso que será o lugar máis axeitado para a súa crianza.