Xoán Eiriz: «Para min, Rosa Cedrón é a voz máis fermosa de Galicia»

María Vidal Míguez
María Vidal A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

Xoán Eiriz.
Xoán Eiriz. César Quian< / span>

O cantante celebra esta noite no Teatro Rosalía os seus trinta anos de carreira

28 dic 2011 . Actualizado a las 16:22 h.

Xoán Eiriz (A Coruña, 1956) presenta hoxe no Teatro Rosalía o seu undécimo disco, 30 anos e unha cantiga de amor, nun concerto solidario onde estará acompañado por Rosa Cedrón e a Coral Polifónica da Gaiteira.

-¿Que contén este traballo?

-É unha recompilación remasterizada dos dez traballos anteriores e seis temas novos, para conmemorar os máis de trinta años que levo cantando na fala de Álvaro Cunqueiro.

-¿Onde vai doar o que se recade?

-Á onegué Terra de Homes, que traballa cos nenos máis desfavorecidos. Tráenos dende África para operalos do corazón.

-¿Que espera da cita desta noite?

-Penso que vai ser un concerto moi bonito e sinxelo. Tamén espero que a voz estea en condicións, porque teño que cantar 22 temas, e co frío que vai... Ademais, teño a sorte de estar acompañado por Rosa Cedrón, que para min é a voz máis fermosa de Galicia, e pola Coral Polifónica da Gaiteira.