«Preocúpanme moito as lecturas obrigatorias»


Pepe Carballude xa perdeu a conta de cantos libros publicou. Empezou a escribir «cando a literatura galega aínda non estaba de moda». Hoxe, ás 20 horas, na Casa Charry, en Oleiros, presenta o seu novo libro, Xogares dun tempo novo, destinado a xoves desde os 14 anos. É un libro sobre un amor fracasado que xurdiu durante a Guerra Civil e as Misións Pedagóxicas.

-¿Que o motivou a escribir sobre as Misións Pedagóxicas?

-Eu son mestre de instituto e encóntrome con rapaces de 17, 18 anos que descoñecen a historia española. Quería contarlles que houbo unha cousa que fixo a República que se chamaba Misións Pedagóxicas e que consistía en culturalizar os lugares máis atrasados.

-¿Aínda tería sentido que ese tipo de actividade existise hoxe?

-Tampouco estaría mal. Eu coñezo o caso de Neira Vilas, que está nunha aldea desde onde presta libros e fai concursos. El me ten contado que hai familias onde todos len o mesmo libro, desde o avó ata o neto máis pequeniño. É moi bonito iso.

-¿Vostede comparte a opinión de que aos nenos xa non les gusta ler?

-Paréceme que hai de todo, pero preocúpanme moito as lecturas obrigatorias, porque dan aos nenos a idea equivocada do que é o pracer da lectura.

-¿Como xurdiu a idea de que Beatriz García Trillo ilustrase o libro?

-Propúxenllo eu e ela documentouse moitísimo para facer o traballo: mirou fotografías da época e foi ata ao sitio onde transcorre o libro. Por iso creo que quedou un traballo que conecta tan ben coa obra.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

«Preocúpanme moito as lecturas obrigatorias»