«Aceptar os cambios ao Plan Xeral suporía facelo de novo»

As modificacións que a Xunta prantexou recentemente ao proxecto de ordeamento urbanístico de Oleiros levantan as críticas do alcalde, que ve detrás delas a man da oposición


a coruña

Ángel García Seoane afronta estes días un dos seus maiores retos desde que chegou á alcaldía de Oleiros, en 1995. O pasado día 15, a Xunta devolveu ao Concello o Plan Xeral do municipio solicitando unhas modificacións cuxa aceptación «suporía atentar contra os dereitos adquiridos desde hai anos por moitos veciños», asegura o rexedor. Di García Seoane que no documento a Consellería elimina solo urbano catalogado como tal en plans anteriores. Por iso, a partir do mércores, o alcalde reunirase cos oleirenses para explicarlles a situación, e anuncia que «imos afrontar esta batalla convencidos de que a imos gañar».-¿Non se van aceptar os cambios no Plan Xeral?-Facelo sería redactar un plan totalmente novo, cousa que non imos facer. A Consellería, e algún personaxe que anda por alí, pretende facer un plan á súa medida, cousa que non vai lograr. O modelo urbanístico dos plans de 1984 e 1995 fixo de Oleiros un sitio distinto, emblemático, de alta calidade de vida e cun crecemento ordenado. -¿Ese personaxe é Luis Vázquez? -Refírome ao secretario xeral, e no documento vese a man del a raudais. Vense as ordes que lle puido dar ao técnico que informou. -Algunha das críticas ao plan é polo crecemento que prevé. Iso é o que di a oposición. É mentira. Onde gobernan o PP e o PSOE, e incluso o BNG, como en Vigo, xa vimos que urbanismo fixeron: caos, atentado contra o medio ambiente e masificación. O plan de Oleiros prevé a construción de 12.800 vivendas en 16 anos. E en ese tempo daríase prioridade a 6.000. Para darnos unha imaxe, só no porto da Coruña van 4.000. -A oposición tamén o ataca por rexeitar a ponte de Bastiagueiro a Casablanca. -Ese é un rollo que saíu da Coruña, que lle interesa ao Concello da Coruña para darlle saída a 7.800 vivendas que se van levantar entre As Xubias e o porto. -¿Cómo ve aos seus rivais nas eleccións? Eu non os teño que ver. Tenos que ver o pobo. É patético que o PP e o PSOE, aos que respecto profundamente como partidos, nunca acadaran unha representación digna en Oleiros. -Preséntanse sete candidaturas; parece imposible unha maioría absoluta... -Hai unha situación gravísima xeral. Pululan diversas candidaturas e vai haber unha segregación do voto, indubidablemente. Isto vai provocar incerteza en moitos municipios, e entre eles, en Oleiros. Pero nós imos loitar para que Oleiros teña un goberno estable. -¿Pagará o desgaste de tantos anos de goberno? -Todo o que goberna ten desgaste, pero o que ten de bo este municipio é o seu crecemento, polo que o desgaste que procede de persoas que non viron satisfeitos os seus temas persoais e que non valoran o conxunto do que se fixo pódeno compensar persoas que veñan novas. -¿Que proxectos de futuro ten para Oleiros? -O primeiro é o Plan Xeral. Loitar para que sexa aprobado co deseño que nós fixemos. Ese é o principal. Dentro del recóllense vías de circunvalación, o auditorio, o centro de Saúde, o campo de golf, o porto deportivo e pesqueiro de Lorbé. Tamén é importante seguir traballando na liña cultural e social que tan singular fai a este concello. -As soen ser orixinais. ¿Como será a de maio? -Tamén vai ser orixinal. Será algo distinto e singular, pero esta vez non irei co acordeón.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Aceptar os cambios ao Plan Xeral suporía facelo de novo»