Unha xornada de discursos e lecturas que se prolonga ata hoxe

La Voz LA VOZ | A CORUÑA

A CORUÑA

17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

?s discursos e os actos se multiplicaron este ano, tanto que algúns se trasladaron a hoxe. É o caso do maratón de lectura organizado polo centro de maiores de Caixa Galicia de Betanzos. Pola mañá, desde as dez ata a unha da tarde, leranse poemas de Lorenzo Varela. O programa segue coa obra de Rafael Dieste Dos arquivos do trasno . Polo serán tocaralle ao xornalista de La Voz e escritor Xesús Fraga poñerlle voz a súa obra Solimán e tamén glosará a vida de Lorenzo Varela a partir das oito da tarde. Comarca A área metropolitana sumouse onte á celebración con diversos actos. Así, en Arteixo, o Concello e a Asociación Manuel Murguía realizaron unha ofrenda floral no monolito dedicado ao escritor arteixán Manuel Murguía que está situado en Sol y Mar. Pola súa banda, en Culleredo, as actividades centralizaronse na praza Europa de O Burgo, onde se desenvolveu a novena Mostra de Artesanía e Libro, con numerosa asistencia. Tambén houbo varias actividades en Vilaboa. En Sada programáronse actuacións folclóricas e desde a formación ASU criticouse as erratas que apareceron no díptico da Pintor Lloréns.