CONTENIDO PATROCINADO

O Son do Camiño non perde o ritmo

Cando aínda resoan os aplausos do festival do ano, a música non se detén. As vindeiras quendas son as de Rodrigo Leão en Ourense, José González en Pontevedra e Mon Laferte en Vigo

18 oct 2019 . Actualizado a las 15:58 h.

Foron tres días cheos de emocións, música e encontros e quenes tiveron a sorte de formar parte desa lexión de asistentes, saben que O Son do Camiño 2018 vai quedar marcado no calendario como unha cita inesquecible. Para os nostálxicos das boas experiencias debe ser duro ter que agardar uns cantos meses para ter novas da vindeira edición do festival que encheu Monte do Gozo. Mentres, para satisfacer esa espera, a organización presenta seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais repartidos por toda a xeografía galega.

O Son do Camiño amplíase desde a capital ao resto de cidades da Comunidade. Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol, A Coruña e Lugo serán os novos escenarios desta xira que dará peche á programación da primeira edición deste evento que moveu, ao longo de tres xornadas, a 84.000 asistentes de 12 países.

A metade sur de Galicia contará con tres dos seis concertos que pechan O Son do Camiño 2018.

20 de outubro: Rodrigo Leão, Auditorio Municipal de Ourense

Por unha banda, este sábado 20 de outubro comeza a primera das actuacións da man de Rodrigo Leão no Auditorio Municipal de Ourense. Considerado como un dos músicos e produtores máis destacados da escea portuguesa, comezou a súa traxectoria en solitario hai 25 anos. Topouse coa necesidade de compoñer cancións sinxelas con selo pop. Neste 2018, Leão mostra a súa incrible versatilidade mediante dúas novas gravacións: O Aniversário, unha retrospectiva dos seus grandes temas e Os Portugueses, unha proposta na que se combinan todas as súas referencias cantadas en portugués xunto coas pezas instrumentais que compuxo para a serie documental Portugal- A Social Portrait.

Cunha formación ampliada a dez músicos e dous cantantes, sumado a un traballo técnico moi meticuloso Rodrigo Leão invita a vivir un espectacular directo no que teñen cabida as atmósferas sonoras e unhas vibracións cheas de melancolía.

26 de outubro: José González, Teatro Afundación Pontevedra

De orixe sueca, aínda que de pais arxentinos, José González é considerado un dos grandes nomes do folk da súa xeración. A súa forma de afrontar a composición ben merece unha categoría aparte, pois o cine, as series e incluso os videoxogos non se resisten ao talento de González. House, Bones ou Scrubs levan as súas melodías, así como a banda sonora de La vida secreta de Walter Mitty.

Aos seus directos sempre vai acompañado da súa inseparable guitarra Alhambra, mentres que a súa voz percorre letras profundas cunha forza tranquila que lle fai conectar á perfección co seu público.

A súa última entrega, Vestiges and Clawns, é o resultado de anos de bocetos seleccionados con maestría. Traballar sen produtor permitiulle crear un álbum menos estrito no que caben desde cancións protesta a folk rock excéntrico.

7 de novembro: Mon Laferte, Teatro Afundación Vigo

Convertida nun dos fenómenos da canción latina, Mon Laferte eleva a 7 millóns o número de seguidores nas súas redes sociais e a 3 millóns as súas reproduccións mensuais en Spotify. Con esta carta de presentación, non é para menos que a cantante e compositora chilena Mon Laferte recibira dúas nominacións aos Grammy Latino en 2016 nas categorías de “Mellor novo artista” e “Mellor álbum de música alternativa”. O seu recente estreado single Antes de ti, foi nomeado aos Latin Grammy 2018 na categoría de “Canción do ano”.

La Trenza (2017) é a súa última produción discográfica, na que conta coa participación de artistas do tamaño de Enrique Bunbury, Manolo García e Juanes. En La Trenza, Laferte propón un abano máis variado de sons, desde o bolero ao pop, pasando pola balada, o ska ou o vals peruano.

Os seus directos van máis alá dun espectáculo musical e convértense nunha historia, con Mon Laferte como protagonista, na que a súa voz desprende maxia e crea fascinación a partes iguais.

Estas tres datas complétanse con tres concertos máis na parte norte da comunidade galega: Miguel Poveda, o 3 de novembro no Auditorio Municipal de Ferrol; The Hives, o 10 de novembro na Sala Pelícano de A Coruña e Pablo López, o 17 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

CONCERTOS 2018 O SON DO CAMIÑO