CONTENIDO PATROCINADO
Ofrecido por Vegalsa-Eroski

O compromiso co idioma e a cultura galega é un dos valores esenciais da compañía, expresado tanto nas súas tendas e marca propia como nas súas colaboracións e patrocinios

A rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Faino achegando a través dos 250 establecementos que dispoñe en Galicia a obra desta escritora coruñesa a través de 550 carteis conmemorativos deseñados por alumnos do CEIP Raquel Camacho da cidade herculina e cunha tirada especial adicada á escritora de 21.000 bolsas de papel dispoñibles nos establecementos de A Coruña e 1.500.000 bolsas de plástico nas ensinas Eroski e Autoservicios Familia de toda Galicia.

O supermercado Eroski Center de Mesoiro, en A Coruña, foi o establecemento escollido para levar a cabo o mércores unha pegada simbólica de carteis coa que a compañía da comezo a súa xa tradicional campaña das Letras Galegas, froito do seu compromiso coa identidade galega da man da Xunta de Galicia. O evento contou coa participación do secretario xeral da Lingüa da Xunta de Galicia, Valentín García; da irmá da homenaxeada, Susana Villalta; da académica de número da RAG, María Dolores Sánchez; e por parte de Vegalsa-Eroski, do director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; da directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González; do director de Márketing, Julián Hernández, ademais da xefa da tenda, Belén Vidal e da xefa de zona, Manuela Presas.

Bolsas con mensaxe e sorteo de produtos galegos 

Durante este mes de maio as bolsas da compra a disposición dos clientes lembrarán a esta escritora coa frase «Tes medo do abismo? Abre as ás e voa». A través dela búscase transmitir a importancia de voar por un mesmo, ilustrada a través dun libro aberto con ás que inclúe a súa vez un violín como referencia ao instrumento que sempre acompañou a esta autora durante a súa traxectoria. 

Este ano ademais, como novidade durante o mes de maio estase a levar  sorteos semanais nos perfís de Instagram e Facebook da compañía. Cada semana, sortéase unha cesta de produtos galegos valorada en 80 euros por compras superiores a 10 euros en establecementos Eroski e Autoservicios Familia de Galicia, Asturias y Castilla y León.

Galicia no ADN empresarial 

A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os valores propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por 7.354 traballadores, 6.526 en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos.  

Tamén nas súas tendas, incluíndo o galego nos rótulos, na súa comunicación comercial e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúen á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas. Ademais, a compañía repite apoio un ano máis aos festivais galegos como son Morriña Fest (Culleredo), o Caudal Fest (Lugo) ou o Resurrection Fest (Viveiro) ou accións como a iniciativa de intercambio artístico  «Camiño Escena Norte», entre outras. 

Sobre Vegalsa-Eroski

Vegalsa-Eroski conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 285 establecementos entre propios e franquiados baixo as marcas comerciais hipermercados e gasolineiras Eroski, supermercados Eroski Center, Autoservicios Familia, Cash Récord, Eroski City, Aliprox e Eroski Rapid. A súa estrutura comercial en Galicia esténdese polas 4 provincias galegas e conta cunha moderna plataforma de mercadorías xerais, situada en Sigüeiro, A Coruña, dotada con tecnoloxías loxísticas de última xeración, ademais das plataformas de produtos frescos da Coruña e centros de redistribución en Vigo e Ourense.