CONTENIDO PATROCINADO

Malo será!

Obra4

Este mércores na Televisión de Galicia, desde o Teatro Jofre de Ferrol

09 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Susana Seivane unirase como convidada especial ao elenco de actores e actrices habitual do programa da TVG, liderado por Marcos Pereiro, Federico Pérez e a presentadora do formato, Marta Doviro.

Obra3

Malo será! gravou un dos programas da terceira temporada no Teatro Jofre de Ferrol. Dúas horas de humor protagonizadas polos mellores cómicos da escea galega, aos que se uniu como convidada especial toda unha profesional da música: Susana Seivane.

Obra2

Un auténtico duelo de vaqueiros, a conquista de América de Cristóbal Colón ou mesmo unha festa de aniversario do máis peculiar son algúns dos argumentos dos sketchs cos que desfrutarán os espectadores da Televisión de Galicia este mércores, desde o Teatro Jofre de Ferrol, baixo o título ‘Ferrol, onde eu nacín’.

Gozarán das voces de Susana Sampedro e Lucía Veiga que, co acompañamento da marabillosa gaita de Seivane, interpretarán, ao remate da función, a popular canción ‘Ferrol’ de Los Limones; e tampouco faltará a versión dunha das habaneras máis coñecidas da cidade, ’Ferrol, onde eu nacín’.

obra1

Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Cristina Andrade, Oswaldo Digón, Evaristo Calvo, Susana Sampedro e Susana Seivane son as actrices e actores cos que poderán gozar os espectadores este mércores na Televisión de Galicia, a partir das 22.00h.

Tex45.es