Ernesto, enxeñeiro aeroespacial no proxecto alemán SeRANIS: «Os teléfonos enviarán mensaxes vía satélite cando non haxa cobertura móbil»
CIENCIA
O galego traballa en Múnich desde o 2020 e encárgase do control da misión Athene-1, un satélite integrado por 20 experimentos que lanzouse onte na misión Transporter-18 de SpaceX
02 oct 2026 . Actualizado a las 10:14 h.Ata hoxe non era moi realista pensar que nun futuro próximo un teléfeono poida conectarse directamente con satélites e sen infraestructura terrestre nun entorno sen cobertura, pero este feito xa está a ocorrer. Por exemplo, servizos como Starlink xa están probando conexións directas con móbiles convencionais, exactamente coa nova xeración despregada pola nave Starship, pensada para levar humanos á Luna e a Marte. O reto inmediato é conseguir que esa conexión sexa máis rápida, fiable e parecida a unha rede móbil normal, unha meta que persigue o proxecto alemán SeRANIS (Redes de Acceso Radioeléctrico Sen Interrupcións para a Internet do Espazo), que proba estas tecnoloxías en condicións reais de órbita e ve ata onde podemos levar esa integración entre as redes terrestres e os satélites. O galego Ernesto Rama, un enxeñeiro aeroespacial de 32 anos, forma parte desta iniciativa espacial do Centro de Investigación en Dixitalización e Tecnoloxía das Forzas Armadas Alemanas (dtec.bw) que executa o Centro de Investigación Espacial da Universidade das Forzas Armadas Alemanas de Múnich (UniBw M). A ambición é crear un laboratorio experimental multifuncional en órbita de acceso público e todo intégrase en Athene-1, un satélite conformado por máis de 20 experimentos que lanzouse o 1 de outubro na misión Transporter-18 de SpaceX.
A súa labor dentro da misión espacial SeRANIS é ter unha visión global de todo, armonizando os experimentos desenvoltos pola universidade das Forzas Armadas para a que traballa e asegurando que todo funcione correctamente como un único sistema. Apunta que unha vez Athene-1 estea en órbita, as condicións do satélite serán moi diferentes ás da terra, con recursos limitados e onde ter en conta aspectos térmicos e estruturas ambientais propias do espazo. Rama encárgase de que as interfaces entre os experimentos e o satélite espacial sexan compatibles.
O coruñés traballa en Múnich desde decembro do 2020. Chegou á cidade alemana por casualidade, xa que un bo amigo vivía alí, e decidiu probar sorte para traballar no seu sector en medio da incertidumbre da pandemia. Un día calquera, a sorte chamou á súa porta, e o que a día de hoxe é o seu xefe contactoulle para comentarlle que conseguira financiación para un proxecto científico, citoulle a unha entrevista e o demais xa é historia.
—SeRANIS é un laboratorio público multifuncional en órbita, qué problema concreto pretende resolver?
—O obxectivo de SeRANIS é investigar novas tecnoloxías espaciais directamente en óbita antes de que se poidan utilizar en futuras misións. Dentro da universidade desenvólvense distintos experimentos que son despois integrados nunha plataforma espacial que proporciona LuxSpace. É un laboratorio público porque ten un obxectivo de investigación, e é multifuncional porque vanse operar máis de 20 experimentos en órbita, cubrindo temas de comunicacións, navegación, observación da Terra ou investigando como se deforman certas estructuras nun entorno espacial.
—Qué significa que Atenas 1 funcione como unha especie de torre de telefonía móvil no espacio?
—A idea é que determinados dispositivos ou sensores en terra poidan comunicarse directamente co satélite, sen necesitar unha infraestrutura terrestre tradicional. Por exemplo, nunha zona sen cobertura, un dispositivo podería enviar datos a Athene-1, o satélite recibiría esa información, e posteriormente podería transmitila cara á rede terrestre.
—Cal dos 15 experimentos de Atenas 1 considera máis decisivo?
—Para min o máis espectacular é MOSAIC, porque usa cámaras e un ordenador experimental que emprega IA para detectar e rastrear obxectos, sen ter que enviar primeiro todas as imaxes á Terra. O interesante é que se pode analizar a información en tempo real no espazo e, se é necesario, reaccionar ante o que detecta. No caso de detectarse un obxecto hipersónico, envía unha instrución ao sistema que controla a orientación do satélite para rastrealo. Facelo de forma rápida e segura é todo un reto, porque todos os sistemas teñen que estar perfectamente coordinados.
—Qué espera amosar cando termine a misión que hoxe todavía non se poida nun laboratorio terrestre?
—En terra podemos simular moitas condicións, pero non podemos reproducir completamente o ambiente espacial. Por mencionar un par de experimentos, con SEM podemos comprobar cómo responde unha estrutura do satélite ante impactos de micrometeoritos ou vibracións que poden producirse en órbita, mentres que con RADS podemos estudar cómo afecta a radiación espacial a certos compoñentes.
—Onde sitúa a fronteira entre investigación científica aberta e tecnoloxía estratéxica ou militar?
—A fronteira está principalmente no uso que se lle da a tecnoloxía que se desenvolve e a información que se comparte. Un exemplo clásico está en algo tan básico coma o internet, as súas orixes están nun proxecto militar estadounidense pero hoxe en día é algo que usamos todos no noso día a día. No noso proxecto en concreto todo é transparente e de dominio público.
—Ata qué punto Alemania e Europa quedan atrás fronte a Estados Unidos e China en tecnoloxía e na carreira espacial?
—Nestes últimos anos en Europa estanse a dar pasos axigantados en cuestións espaciais. China e EEUU siguen dominando pero Europa está avanzando moi rápido. Temos directamente moi preto do noso campus a Isar Aerospace que aspira a convertirse na alternativa europea a SpaceX.
—É realista pensar que un futuro teléfono móvil poida conectarse directamente a satélites sen infraestructura terrestre?
—É, de feito xa está a ocorrer. Por exemplo, algúns teléfonos poden enviar mensaxes directamente vía satélite cando non hai cobertura móbil, e servizos como Starlink xa están probando conexións directas con teléfonos convencionais, mesmamente coa nova xeración despregada polo foguete Starship este mesmo luns. O reto agora é conseguir que esa conexión sexa máis rápida, fiable e parecida a unha rede móbil normal. É precisamente aí onde experimentos como os de SeRANIS son interesantes: probar estas tecnoloxías en condicións reais de órbita e ver ata onde podemos levar esa integración entre as redes terrestres e os satélites.
—En dez anos, qué che gustaría sinalar que existe grazas a SeRANIS?
—Gustaríame poder dicir que SeRANIS axudou a facer realidade unha conexión moito máis fluída entre as redes terrestres e os satélites. En termos máis xerais, demostrar que se pode tamén desenvolver tecnoloxía novedosa partindo do sector público, o cal xa queda patente coa cantidade de starups que están a xurdir a partires da cantidade de xente que traballa en SeRANIS desenvolvendo novas tecnoloxías.