Isabel Blanco: «Pouca xente sabe que unha galega inventou a táblet»

Eva Fernández Prieto VIGO / LA VOZ

CIENCIA

M.MORALEJO

A avogada asina na Feira do Libro de Vigo «Galegas na ciencia», que recolle 20 biografías de mulleres científicas

06 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A avogada viguesa asina hoxe ás 18.00 horas a súa obra editada por Belagua na caseta de Librouro na Feira do Libro.

—Vostede tiña interese no eido científico antes de escribir Galegas na ciencia?

—Aínda que son de letras, no eido científico sempre tiven curiosidade. Quería recuperar ás mulleres para crear referentes para nenas e mozas que queiran estudar ciencias porque é un campo onde están moi pouco representadas.

—Por que ao longo da historia as mulleres estiveron invisibilizadas na ciencia?

—Por misoxinia, por estrutura dun estado patriarcal. En España ata 1910 as mulleres tiñamos as portas das universidades pechadas. Era imposible estudar aínda que quixeras, estaba prohibido por lei. As primeiras licenciadas en Medicina en Santiago tiñan dificultades para exercer a súa profesión. Pero unha vez que estás nos estudos procuran invisibilizarte.

—Galicia foi ou é prolífica para a muller na ciencia?

—Non, segue sen selo. A maioría das mulleres que están recollidas nas 20 biografías de Galegas na ciencia tiveron que facer os seus estudos de posgrao e carreiras científicas fóra de España. Despois volveron como catedráticas, e na docencia si acadaron recoñecementos. Segue a pasar iso agora, aínda que hai moito avance.

—Houbo algunha historia que lle chamase especialmente a atención?

—Por exemplo, Antonia Ferrín. Foi a primeira astrónoma galega. Tiña unha capacidade intelectual fóra de serie, con cinco carreiras universitarias. Traballou en Lalín, onde ten unha rúa, con Ramón María Aller. A ela quitáronlle a docencia por ser muller. Tamén está Ángela Ruiz Robles, inventora con moitos recoñecementos. En España non lle fixeron caso. Pouca xente sabe que inventou a actual tablet, patentouna, pero non puido comercializala.

—Como se podería resaltar máis ás mulleres da ciencia?

Que estean nos libros de texto. O que non ves non podes coñecelo. Tamén nos nomes dos centros de saúde, etc. Con isto abrimos posibilidades de que sexas o que queiras ser sen cortapisas.

Programación para hoy

Calle del Príncipe. De 11.00 a 14.00 y 17.00 a 21.00h.

12.00 h. • Espectáculo Extra!

 17.00 h. • Daniel Ugarte firma. Rosa Estévez presenta Soños á beiramar.

 18.00h. • Isabel Blanco. Cristina y Eduard Velasco con Berta Dávila.

 18.30h. • Firma esa Costas.

 19.00h. • Firman Berta Dávila, Federico Fernández y Maks firman y Arancha Estévez presenta María Casares.

 20.00h. • Presentan César Cequeliños y Jorge Campos Historia da Galicia Pequeniña. Firman Xavier Queipo, Charo Pita, Alex Mene y Blanca G. Crespán.