As bibliotecas arrancan co mes da ciencia en galego

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

CIENCIA

O divulgador Xurxo Mariño no acto de presentación
O divulgador Xurxo Mariño no acto de presentación cedida

O divulgador Xurxo Mariño foi o encargo de escribir un manifesto ao fío da celebración

27 oct 2020 . Actualizado a las 14:41 h.

Coa chegada de novembro, as bibliotecas darán comezo ao seu mes da ciencia en galego. As actividades previstas, que serán máis de trinta, vanse celebrar nas que forman parte da rede pública xestionada pola Consellería. En Santiago serán a Biblioteca de Galicia e a Ánxel Casal, con actos programados desde o 7 de novembro. O acto de presentación da iniciativa tivo lugar onte na segunda delas, onde acudiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o de Cultura, Anxo Lorenzo, ademais do divulgador Xurxo Mariño. Este último é o autor dun manifesto escrito para a ocasión, que destaca que a ciencia está en todas partes. No acto, Mariño quixo transmitir que «a ciencia é unha maneira de pensar» e que por iso «todos podemos facer ciencia». Neste sentido, lembrou que a súa cerna son as ideas e que cómpre contar con máis libros de divulgación traducidos ao galego.

Pola súa parte, Valentín García puxo en valor este tipo de iniciativas para demostrar que a ciencia non ten por que ser complicada e Guerra destacou que, dadas as circunstancias, difundir o coñecemento científico é máis importante que nunca.