A Biblioteca de Galicia e a Ánxel Casal súmanse ao Mes da Ciencia en Galego

La Voz

CIENCIA

SANDRA ALONSO

Haberá talleres e charlas durante novembro

30 oct 2019 . Actualizado a las 04:55 h.

Espectáculos, talleres e charlas conforman as propostas da Biblioteca de Galicia e da Ánxel Casal no marco do Mes da Ciencia en Galego, que se desenvolverá durante novembro.

Na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, o día 9 desenvolverase unha actividade de escapismo, que estará dirixida a rapaces de entre 12 e 15 anos. O 16 de novembro, tamén para este grupo de idade, está programado un taller de expresión artística. Seguiralle a festa dos electróns, un divertido espectáculo para público de entre seis e dez anos. O peche será o 30 de novembro con un taller ofrecido pola Asociación de Divulgadores Científicos.

Pola súa banda, na biblioteca pública Ánxel Casal, o día 14, ás 19.30 horas, ofrecerá unha charla a divulgadora científica Deborah García Bello. Despois, destinados á rapazada, desenvolveranse talleres científicos a cargo de Vermislab os días 11, 12 e 13 de novembro.