«A potencia aumenta, hai resultados científicos e experiencia na empresa»

Tamara Montero
T. Montero SANTIAGO / LA VOZ

CIENCIA

paco rodríguez

18 mar 2018 . Actualizado a las 04:45 h.

Silvia López é unha das fundadoras de DimeLab. Xa tiña experiencia no ámbito da empresa e no mundo dos videoxogos, e agora mestura ese saber facer coa experiencia que vén acumulando o grupo de investigación da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago para crear a primeira spin off deste ámbito da USC.

­-Aproveitan o coñecemento do grupo de investigación Stellae, que se creou en 1997.

- Aínda que a empresa se constituíu agora, temos un percorrido longo nesa liña. Aquí a potencia aumenta, porque son as investigacións por parte do grupo e o resultado xunto á experiencia neste tipo de empresa.

-Unha das eivas que detectaron é que a pedagoxía presuponse. E despois o material falla.

-Nun dos nosos últimos estudos, no que analizamos centos de aplicacións, comprobamos que non hai un pedagogo detrás deses traballos. Nótanse dende faltas de ortografía a personaxes descoidados. Igual que as persoas, os software teñen un ser, un alma por así dicilo. Pode ser material construtivo, máis aberto, máis flexible, personalizado... E todo iso hai que estudalo.

-¿A falta de pedagoxía increméntase coa chegada das novas tecnoloxías?

- Faise máis evidente agora. Hoxe é moito máis doado baixar aplicacións co logo de educativo, formativo. E non é o que se está vendendo. En realidade é que non hai un especialista na educación detrás. Está feito por programadores, enxeñeiros...