«A primeira capa do ceo está a uns 30 ou 40 quilómetros»

O científico inaugurou as charlas do Ateneo neste ano


santiago / la voz

Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da Facultade de Física da USC, foi o encargado de inaugurar o ciclo de conferencias do Ateneo Compostelano do ano 2015, propoñendo unha das preguntas «que máis veces se ten feito o ser humano. ¿A que distancia está o ceo? Porque o falso teito azul sempre chamou a atención de todos».

-Da un pouco de medo preguntar, pero para ¿a que distancia está o ceo?

-Hai un rato, na mañá, estaba a ras do chan [risas]. Un pouco máis en serio, a primeira capa pode estar a uns 30 ou 40 quilómetros e, a partir de aí, xa non é azul. Todo é negro. Pero, o ceo no ten unha única capa. O primeiro son as luces que podemos ver sen dificultade. Das luces, a máis grande que vemos a simple vista é a lúa.

-¿É a lúa o referente para marcar as outras distancias?

-En certa forma si. A primeira altura a marcaron os gregos e acertaron case con exactitude. A lúa está a 384.400 quilómetros de altura. Despois déronse conta que, cando había un eclipse de sol, o astro aínda estaba máis lonxe. Isto permitiu descubrir que non era un plano único, como o que píntase na habitación dun neno, para poñer as estrelas, os planetas o sol. O máis fascinante é que houbo que esperar ata o Renacemento para poñer novas distancias ao sistema solar. Pero non sería ata o século XX cando houbo distancias definitivas. Todas estas cuestións están vinculadas a necesidade do ser humano por coñecer a orixe do Universo.

-Antes falaba do falso teito azul, ¿cal é o color verdadeiro?

-Branco ata os 30 o 40, logo negro. E azul ao chocar coa atmosfera. Os colores cambian de ton pola mesma razón que o fan as estrelas.

-¿Ten o ceo unha altura máxima ?

-Si que ten unha altura máxima. Pero vén fixada polo máximo que podemos ver, que é 46 mil millóns de anos luz, porque a luz non puido viaxar máis. Por explicalo dun xeito sinxelo. O ceo é finito e o Universo é outra cousa.

-¿Tendemos a considerar o ceo como Universo?

-E unha boa apreciación. Moita xente pode pensar que é o mesmo, pero é interesante falar da diferenza. O ceo e o Universo son dous cousas distintas. As dúas, sen dúbida, espertan todo tipo de misterios.

jorge mira catedrático da facultade de física da usc

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«A primeira capa do ceo está a uns 30 ou 40 quilómetros»