Unha semana de actividades para celebrar o Día da Ciencia en Galego

<"> la voz < span>

A USC únese por terceiro ano consecutivo á celebración o día 4 de novembro do Día da Ciencia en Galego, que nesta ocasión está centrada na arte e a ciencia e a estatística. A xornada dedícaselle ao arquitecto Richard Buckmienster, á enfermeira Florence Nightngale e ao intelectual e artista Isaac Díaz Pardo.

Deste xeito, entre o 4 e o día 8 a Biblioteca Xeral instalará unha pequena mostra bibliográfica sobre Díaz Pardo seleccionada entre más de 300 referencias no catálogo do centro.

O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá do 4 ao 6 de novembro as conferencias divulgativas de persoal de diversos centros do campus compostelán sobre cada unha dás temáticas do Día da Ciencia en Galego. Os encargados dos relatorios serán Julián Flores, do departamento de Electrónica e Computación; Miguel Anxo Rodríguez, de Historia da Arte, e Mario Diz, director da orquestra do Espazo de Cámara da Universidade.

Ademais, a Facultade de matemáticas acollerá os días 5 e 6 as xornadas de terminoloxía matemática que levan por título Comparte beleza. A beleza dos números, a beleza das palabras, na que diversos especialistas das tres universidades galegas disertarán sobre o léxico científico e a súa problemática.

Tamén en Lugo

As actividades tamén chegarán ao campus de Lugo, onde se celebrará unha xincana bibliográfica o día 4 de novembro. Ademais, o 6 de novembro, o auditorio Isaac Díaz Pardo da Escola Politécnica Superior de Lugo acollerá unha xornada de presentación sobre a arte e a ciencia. Ese mesmo día, os centros do campus de Lugo manterán abertos ao público algúns dos seus laboratorios de 10 a 11.30 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Unha semana de actividades para celebrar o Día da Ciencia en Galego