O Viveiro CF estrearase diante do CD Lugo o día 17 en Cantarrana

La Voz VIVEIRO / LUGO

CDLUGO

CEDIDA

04 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Atención a esta data: 17 deste mes de xullo. Porque este día o Viveiro ten fixado o inicio da súa pretempada para día 17, martes, cando se medirá ao Club Deportivo Lugo, de Segunda División, no estadio municipal de Cantarrana.

O equipo de Chusky pensa xa en firme e con total garantía nun novo curso en Preferente. O equipo celeste manterá a base que rematou esta última campaña, e engadirá dúas fichaxes -un porteiro e un central- ás que xa pechou: Borja Mella, Aitorín, Marino, Tichu, Iván Rodríguez e o porteiro Kiko Mariño.

O obxectivo non é outro que xogar un bo papel na Preferente, lonxe do sufrimento desta última campaña. Para comezar con bo pé, nada mellor que estrearse diante da afición na casa fronte ao CD Lugo.