O Concello de Zas retoma a programación de exposicións neste espazo. Serán fotografías de Jorge Vilas Souto
30 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Inauguración este venres • Logo do parón do verán, o Concello de Zas recupera a súa programación de exposicións no centro sociocultural de Baio. Farao coa mostra fotográfica Entre a auga e o ar, de Jorge Vilas Souto. A inauguración será este mesmo venres, ás 18.00 horas, e logo poderá verse ata o 13 de novembro, de martes a venres entre as 15.30 e as 20.30 e os sábados de 10.00 a 14.00. Afeccionado á fotografía, Jorge vén traballando xa dende o 2008 en torno ao patrimonio natural e etnográfico de Galicia. Ten el fotografías de fervenzas e muíños, pero tamén imaxes macro de odonatos e bolboretas, así como aves. Libélulas e cabaliños do demo pasaron polo seu foco, o que tamén aproveita para o estudo da súa bioloxía. Pode coñecerse máis do autor nos blogs Galicia al Natural e Galicia Nature.