Zas quecerá motores para a Festa da Carballeira coa súa Semana Cultural

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Leti da Taberna será unha das convidadas da Semana Cultural: con ela chegará o humor e a retranca
Leti da Taberna será unha das convidadas da Semana Cultural: con ela chegará o humor e a retranca BASILIO BELLO

Do 3 ao 7 de agosto serán cinco días de actividades ben variadas e para todos os públicos

28 jul 2026 . Actualizado a las 21:06 h.

Co ánimo de volver ser nos días previos á Festa da Carballeira un «punto de encontro arredor da cultura» e de ir quecendo o ambiente, o Concello de Zas vén de dar a coñecer un intento almanaque de actividades entre o 3 e 7 de agosto. Unha Semana Cultural con actividades para todos os públicos, cinco xornadas para veciños e visitantes e que incluirán talleres, contos, concertos, cine, divulgación, astronomía, artesanía, literatura, gastronomía ou humor. «Ampla, variada e participativa»: así define o rexedor, Manuel Muíño, a programación. Latexo Percusión, Antón Bouzas, Bea Campos, Marisa Irima, Rogelio Santos Queiruga, Juan Bautista Mato, Comando Curuxas, Ana Trasariz, Vicente Trisquel, Leti da Taberna, Bandullo Azul ou Caxoto son algúns nomes que irán pasando pola localidade.

En paralelo, tres exposicións estarán abertas no centro sociocultural: Restauración de mobles e bordado, a cargo de alumnado das aulas municipais; Zas, na ollada dos Vidal, dedicada ás paisaxes e ás xentes do municipio a través da fotografías de Plácido e José María Vidal; e Voluntarios, alma da Carballeira, homenaxe ás persoas que fan posible a celebración desta fesa. A iso hai que sumar unha intervención artística na escola Galiña Azul, da man de Vella Escola.

Con respecto ao propio festival, o Concello de Zas vén de enviar cartas aos domicilios do municipio, de xeito que cada vivenda con familia empadroada terá ao seu dispor dúas invitacións nominativas e intransferibles: recollida nas oficinas municipais. Maiores de 65 e menores de 14 non pagan.