The Sastre abriu a Mostra de Teatro Labarta Pose 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

The Sastre Teatro abriu a Mostra de Teatro de Afeccionado Labarta Pose
The Sastre Teatro abriu a Mostra de Teatro de Afeccionado Labarta Pose BASILIO BELLO

A vindeira cita será este sábado 30 de maio, con Faíscas, de Barrañán, Arteixo

27 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Zas deu inicio este pasado sábado á súa IX Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose. Abriu as funcións The Sastre Teatro (Ourense) coa comedia «Deus non quere calderilla». A seguinte cita será este sábado 30, ás 21.00 no auditorio de Zas: outra comedia, mais desta volta con Faíscas (Barrañán, Arteixo). Traerán «Un fiambre, unha rosca e un cancán». Son pezas de acceso libre e gratuíto.