A compañía representará mañá na localidade a súa peza teatral «Sol fuerza»
16 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A compañía aAntena, con dez anos de traxectoria, ten un novo proxecto en marcha, Carriza. Botarao a andar mañá no municipio de Zas coa representación da obra de teatro Sol fuerza (20.00, auditorio de Baio). Carriza tamén serán contos, regueifa, etnomedicina, horta, educación ambiental, memoria oral e realidade aumentada.
Chegará a varios concellos da Costa da Morte, pero tamén a Villafranca del Bierzo, Vegadeo, San Martín de Trevejo ou Villanueva de Tapia: «Un proxecto cultural e social que conectará creación escénica, memoria, oralidade, sustentabilidade e innovación». Carriza nace para responder a algúns dos grandes retos do rural, coa cultura como motor e citas para todo os públicos. Desenvólvese ao abeiro da convocatoria Territorio Cultura 2025, impulsada pola Xunta través da Agadic.