Teatro escolar en Baio con motivo das Letras Galegas 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Alumnado do colexio Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema ofreceron para o 17 dúas pezas

19 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Acolleu o auditorio do pavillón baiés o mércores pola tarde unha dobre sesión de teatro escolar. Pola banda do alumnado de cuarto de primaria do Labarta Pose, «O transplante de corazón». Pola do grupo Elas, do instituto Maximino Romero de Lema, «O partido». Promoveron os dous centros, coa colaboración de Concello de Zas e grupo Badius.