A pandemia obriga a cancelar por segundo ano a Festa da Carballeira de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

BASILIO BELLO

De mellorar a situación sanitaria, celebrarase os días 5 e 6 de agosto de 2022, segundo indica a organización

15 jun 2021 . Actualizado a las 18:02 h.

A organización da Festa da Carballeira de Zas comunica a decisión de cancelar o festival por segundo ano consecutivo debido á pandemia. Trataríase da 38ª edición, que non se celebrará xa que «a situación sanitaria segue sen permitirnos garantir a seguridade de todas as persoas participantes (voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público)», indican dende a organización.

Xa o rexedor zasense, Manuel Muíño, expresou nunha entrevista que concedeu recentemente a La Voz de Galicia que sería moi complicado levar adiante unha celebración destas características «coas medidas que piden»

Unha decisión triste, pero baseada na «responsabilidade», din. Tamén engaden: «Queremos expresar o noso agradecemento a patrocinadores e provedores que estiveron dándonos o seu apoio nos últimos 38 anos. Sen vós, a Carballeira non sería posible».

De seguir mellorando a situación sanitaria, os promotores agardan poder retomar a cita -que, ademais, foi declarada Festa de Interese Turístico- nos días 5 e 6 de agosto do 2022.