Manuel Muíño, alcalde de Zas: «Coas medidas que piden é inviable facer un festival como a Carballeira»

Marta López CARBALLO / LA VOZ

ZAS

ANA GARCIA

O ecuador do mandato | O rexedor anuncia que pronto licitarán a construción da praza de Baio

03 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Muíño Espasandín (1962) ostenta a alcaldía de Zas dende o 2007 baixo as siglas do BNG. Pouco despois, curiosamente, de recibir a segunda dose da vacina, repasou para La Voz a primeira metade do actual mandato.

Unha primeira metade tremendamente marcada polos efectos da pandemia.

—Dende logo. Ocasionou que os concellos tivésemos que destinar todos os nosos recursos a iso, porque a Administración local é a máis próxima aos veciños. Repartimos máscaras, sacamos axudas aos autónomos e vimos retrasados todos os proxectos que tiñamos en marcha ou para licitar, xa que se suspenderon os prazos administrativos durante meses. Non se pode dicir que fose un ano perdido, pero foi complicado e con moitos retrasos. A estas alturas estamos licitando moitas obras que se deberían ter feito en 2020.

Xa en marcha, por fin, está o tanatorio municipal.

—Si, a pesar do retraso que tivemos xa é unha realidade e xa se está utilizando.

—Moita demora arrastra tamén a ansiada praza de Baio. En que fase está o proxecto?

—Xa fixemos a ocupación dos terreos e axiña sacaremos a licitación os traballos para acelerar algo o proceso. Pode que para setembro estean as obras rematadas. Tivemos que facer varias modificacións no proxecto, por afeccións de Augas de Galicia, e a inversión andará polos 280.00 euros máis ou menos. A praza e o tanatorio eran quizais -pese a vir xa de tempo atrás- os dous principais retos deste mandato.

—Levan cos orzamentos prorrogados máis dun ano, teñen previsto sacar un novo en 2021?

—Si, estamos redactándoos e unha boa data para sacalos sería en dous meses. Serán uns orzamentos, por así dicilo, expansivos. Sen esas regras fiscais que nos tiñan constreñidos, teremos a posibilidade de facer inversións importantes co remanente, que en Zas é case tan grande como todo o orzamento municipal.

—Prevén sacar novas liñas de axuda para paliar os efectos do covid entre o empresariado?

—Despois desa primeira liña, que puidemos sacar grazas á boa saúde económica do Concello e ademais fomos os primeiros en facelo, por agora estamos un pouco a expensas do que fagan o Estado, a Deputación e a Xunta.

—Neste mandato reestruturouse tamén o equipo de goberno. O tenente de alcalde, Óscar Lema, amagou con deixar a primeira liña da política, máis finalmente continuou.

—Por motivos persoais e laborais non podía ter dedicación exclusiva no Concello e durante un tempo estivemos buscándolle unha alternativa a esta situación. Finalmente, terá unha dedicación parcial, que iso si que pode compatibilizalo coa súa actividade, e o concelleiro José Manuel Brenlla, de Obras, terá outra parcial. Isto non lle custará nin un euro máis aos veciños, porque xuntos suman o importe que foi no seu día aprobado para Óscar. [Esta nova estrutura] permíteme ter máis dispoñibilidade para atender outro tipo de xestións, máis institucionais por así dicilo, sen descoidar a atención ao veciño.

—Ven factible ampliar solo industrial?

—No Plan Xeral están contemplados terreos nos montes de Lamas. Cando se aprobou o PXOM, en 2007, había evidentemente outras expectativas, pero falei co director do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) para ver se sería posible que prestasen asesoramento técnico para poder desenvolvelo por fases. Ese é o noso gran reto.

—Unhas catas realizadas no verán do 2019 derivaron no achado do que poderían ser restos dunha antiga vía romana en Brandomil. Está previsto facer escavacións?

—A Deputación vén de conceder unha axuda á asociación que hai alí para algúns proxectos, entre eles a descuberta desa vía. Colaboraremos para tratar de abrir esa calzada e que poida ser gozada por todo o mundo.

—Haberá Carballeira este ano? Aínda non puideron estrear a declaración de Festa de Interese Turístico.

—Cos requisitos que se están esixindo é inviable facer un festival como a Carballeira. Capacidades moi pequenas, xente sentada... Como controlas que os asistentes non se levanten? Eles poñen as normas, si, pero despois se hai incumprimentos o que leva a culpa é o organizador. Ademais, para un festival coma este xa teriamos que ter comezado coa contratación do cartel hai moito tempo, e coa incertidume que houbo ata hai moi pouco tempo foi imposible planificar nada.

—A Ruta da Auga, agora homologada, non para de gañar adeptos.

—En fin de semana mesmo o esperarías, pero é que ata en días soltos se ve moitísima xente. Nós xa sabiamos que era moi bonita, pero non esperabamos tal cantidade de xente. Foi unha sorpresa moi positiva. Tivemos que adecentar infraestruturas, como unha área recreativa que temos en Budián que ata hai pouco non estaba moi usada, xa que non hai moitos nenos pola zona, pero que agora é raro o día no que non haxa xente alí comendo.

—Está prevista unha senda máis, neste caso polo Xallas, que enlazará os concellos de Zas, Santa Comba e Mazaricos.

—Nestes momentos, xunto co impulso ao Parque do Megalitismo, esa senda está entre as nosas grandes apostas no que a potenciación do patrimonio se refire.

ANA GARCIA

David Gómez, portavoz del PP: «Non se contou para nós para nada»

«Evidentemente, foron uns anos difíciles, pero a pesar diso pensamos que o alcalde se está deixando ir. Vemos un certo pasotismo», comenta el portavoz del grupo popular, el único de la oposición, David Gómez Brandariz. «Como en mandatos anteriores, cremos que vai poñer toda a carne no asador o último ano», añade Gómez.

En su valoración de estos dos primeros años del que es ya el cuarto mandato de Manuel Muíño destaca que el grupo de gobierno todavía no haya aprobado unos presupuestos este ejercicio. «Nin o pasado, porque estamos con el prorrogado. Os orzamentos son a ferramenta fundamental de traballo nun Concello, e que non os haxa significa que a medio prazo non hai ningún proxecto planificado», indica el portavoz.

En 2020 lamentaba su grupo que Muíño no fuese capaz de abrir el tanatorio municipal. A estas alturas, con el inmueble concluido y funcionando, se muestran en desacuerdo con los criterios que lo regulan: «Sendo unha infraestrutura pública, que se fixo cos cartos de tódolos veciños, o lóxico é que houbese algún tipo de bonificación para os empadroados en Zas. Puxémoslle varios exemplos e o máis próximo teno en Ordes», sostiene.

Pone también el foco Brandariz en las «carencias», dice, que viene arrastrando el Servizo de Axuda no Fogar. «A listaxe de espera agora non é moi ampla, pero chegou a haber corenta persoas. O alcalde pon a escusa de que non chegan os cartos, pero unha vez o usuario ten a aprobación da Xunta non debería ter que esperar tanto. Este servizo era municipal e o Goberno, curiosamente, privatizouno. O que hai que facer é sacalo de novo a licitación», señala Brandariz, ajustar los precios que se pagan a la empresa concesionaria por hora prestada y ampliar fondos.

En lo referido a la gestión de la crisis sanitaria, el líder del PP reconoce la dificultad que entraña dirigir un Concello en plena pandemia. «Procuramos facer unha crítica o máis honesta e o menos agresiva posible, pero cremos, por exemplo, que a liña de axudas sacada para os autónomos tivo moitas carencias, o que fixo que moitos solicitantes quedasen fóra. En xeral o executivo non contou con nós para nada, pero si se nos contactou para redactar as bases desta convocatoria. Nós propuxémoslles que se ampliase a dotación orzamentaria para que as axudas chegasen a todos, algo que se podería ter feito porque o Concello ten un remanente importante», considera Gómez Brandariz.

Sobre el remanente, precisamente, habló también el popular, animando al gobierno local a darle salida en esta situación tan complicada. «Hai unha carencia importante en canto á rede de estradas e pistas forestais, e a praza de Baio, gran promesa electoral, aínda non foi feita tras 14 anos de goberno», concluyó.