Intenso «Maio, mes das letras», en Zas; así vén a programación

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Ana Garcia

Ademais dos actos culturais de cada xornada, está aberto o prazo para o concurso de marcapáxinas

01 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A través do departamento de Cultura e das bibliotecas municipais, o Concello de Zas tamén deseñou unha intensa programación en torno ao 17: Maio, mes das letras. As actividades están dirixidas principalmente aos máis novos e levaranse a cabo en distintos puntos. Ademais, está aberto xa o prazo para participar no 12.º Concurso de Marcapáxinas, co que o Concello se suma á homenaxe a Xela Arias, autora á que se lle rende tributo este ano. Poden facer achegas alumnos dos centros escolares do municipio, en tres categorías: ata os cinco anos, de primeiro a quinto de primaria e de sexto de primaria a cuarto de ESO. Bases dispoñibles na web municipal. Polo demais, as propostas:

  • 3 de maio. Contacontos e ilustración: Xela Arias, liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Con Polo Correo do Vento. Baio, 18.00 horas.
  • 11 de maio. Trinke Trinke, en Zas, con Festa da poesía en catro estacións: 18.00 horas.
  • 13 de maio. Senlleiras, contos con Pedro Brandariz en Baio, á mesma hora, 18.00.
  • 18 de maio. Trinke Trinke, en Baio, coa obra mencionada.
  • 20 de maio. Senlleiras, de Brandariz, en Zas: 18.00.
  • 21 de maio. Memorias dun neno labrego, de Cándido pazó, en Baio, ás 12.30.
  • 25 de maio. Polo Correo do Vento, Zas. Xela Arias. 18.00.

Todas as propostas son gratuítas, mais con aforo limitado: así, é necesaria a reserva de prazas no 981 751 398.