O «monumental» novo cruceiro parroquial do Allo, divulgado por Xosé María Lema

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Xosé María Lema, investigador vimiancés
Xosé María Lema, investigador vimiancés ANA GARCÍA

Tempo atrás publicáronse as actas do X Congreso Galego de Cruceiros, no que el participou cun relatorio

24 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

«X Congreso Galego de Cruceiros» • O escritor e divulgador vimiancés Xosé María Lema participou no 2018 no décimo Congreso Galego de Cruceiros, da man da Asociación de Amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas. Un encontro feito en colaboración coa Deputación de Lugo e que tivo adaptación ao papel, pois en outubro do 2020 publicáronse as actas: 471 páxinas cos 26 relatorios do congreso. Un dos capítulos da obra é, precisamente, o de Xosé María Lema: O novo cruceiro parroquial do Allo (Zas): unha nova trindade como motivo iconográfico.

O vimiancés abunda no traballo e divulgación do Semescom en torno aos cruceiros e fai unha descrición, tamén, do conxunto arquitectónico do Allo, a parroquia, «sen dubida de maior interese artístico e monumental do concello de Zas». Referíndose xa ao novo cruceiro parroquial, do ano 2013, defíneo como unha obra «monumental». A análise é extensa, coidada, detallada, antes de rematar cunha serie de datos comparativos sobre o que sería a construción dun cruceiro no século XIX e na actualidade. «Mentres que quedan ao abandono, esquecidos en antigos camiños e encrucilladas e mesmo destruídos, antigos cruceiros sen que ninguén lles preste a menor atención temos que saudar que á altura da segunda década do século XXI, aínda haxa unha comunidade parroquial que promova a construción dun cruceiro», expón.