O coronavirus tamén leva por diante a edición número 37 da Carballeira de Zas

A Costa da Morte perde outro dos seus festivais de referencia para o verán, a causa do covid-19


carballo / la voz

O verán da Costa da Morte segue perdendo citas festivas a causa do covid-19. Ao Asalto ao Castelo de Vimianzo, a Festa do Percebe de Corme, o Mercado Medieval de Corcubión ou a Feira das Cereixas de Paiosaco, por mencionar algunhas das citas xa canceladas, vén a sumarse agora a Carballeira de Zas. A organización deu cadra onte de que este 2020 non haberá festival folk, previsto para o 31 de xullo e o 1 de agosto. «A situación actual non nos permite garantir a seguridade de todas as persoas participantes: voluntarios, artistas, técnicos, provedores e público. É unha decisión tomada dende a responsabilidade, con todos os participantes, pero sobre todo, responsabilidade cos nosos veciños e os nosos maiores, aos que queremos seguir vendo en futuras Carballeiras», indican. Dan as grazas a patrocinadores, provedores e artistas cos que xa tiñan contactado para esta edición, así como a todos os que apoiaron estes 36 anos nos que, pese a intres difíciles, nunca se chegou a suspender a cita. «Para toda a xente que estamos detrás deste evento foi unha decisión moi dolorosa e difícil, pero volveremos (...). A nosa intención é que a do 2021 sexa unha edición especial, máis plural, máis galega ca nunca e, sobre todo, libre de virus», conclúen.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O coronavirus tamén leva por diante a edición número 37 da Carballeira de Zas