David Gómez: «Temos que aproveitar a nosa situación estratéxica na zona»

F. Rodríguez / T. Longueira CARBALLO / LA VOZ

ZAS

ANA GARCIA

26M: AS MUNICIPAIS | «Tratamos de facer unha oposición construtiva, pero as veces foinos imposible porque pedíase información e case nunca se nos daba», di o candidato popular zasense

15 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

David Gómez Brandariz (Baio, 1974) é o candidato do PP á alcaldía de Zas.

-Chega o Partido Popular con tres concelleiros, acadados nos comicios de 2015. Cal é o obxectivo que se fixa para o vindeiro día 26?

-Temos claro que saímos a gañar as eleccións e para iso necesitamos seis concelleiros. Imos traballar para acadar ese resultado, pero serán os veciños os que decidan cos seus votos. Dende o Partido Popular o único que ofrecemos é un compromiso para cambiar o rumbo do Concello.

-Que balance fai dos últimos catro anos de mandato?

-A nivel particular, foron catro anos novos, unha experiencia nova. Tamén foron catro anos duros na oposición. Creo que fixemos o noso traballo: levamos aos plenos propostas, rogas e demandas dos veciños e case nunca se nos fixo caso. Tratamos de facer unha oposición construtiva, pero as veces foinos imposible, porque pedíase información e, practicamente nunca, se nos deu nada e así foi complicado traballar.

-Fálenos do programa do Partido Popular.

-É un programa real, concreto ambicioso e elaborado por moita xente, tanto desta candidatura como da anterior. É un programa que nós chamamos o de obras concretas para lugares concretos. Son pequenas actuacións, pero moi necesarias para os veciños. O noso lema é «Pequenas obras para o Concello son grandes obras para os veciños». Non fai falla gastar moitos cartos para darlle os servizos aos veciños. Temos unha iniciativa moi interesante como é o cheque bebé, queremos reducir a cero a lista de espera no servizo de axuda no fogar, temos un plan deseñado para loitar contra a vespa velutina. Queremos que todos os veciños do municipio teñan saneamento e auga, pretendemos ampliar e mellorar os paseos fluviais de Zas e Baio, levaremos a cabo a redución dos cargos políticos [nun 20?% dixo no debate de Radio Voz], temos que crear un plan industrial, mellorar o plan xeral e levar a cabo un plan integral de melloras nas estradas e camiños municipais porque da mágoa andar por Zas. E a nivel de emprego, debemos fixar poboación sobre todo a xente nova, e temos que aproveitar a nosa situación privilexiada dentro da Costa da Morte, con unha nova autoestrada, para tratar de atraer empresas para o Concello.

A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor, paro determinados delitos
  • Aborto: A favor, con consenso
  • Investigados nas listas: Hai que respectar a presunción de inocencia
  • Traslado de restos de Franco: Hai cousas máis importantes, aos mortos hai que deixalos tranquilos
  • Referendo Cataluña: En contra
  • Acollida refuxiados: A favor, dentro do marco legal
  • Eutanasia: Defendo unha morte digna
  • Cambio lei violencia xénero: Para mellorar, sempre
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: Excesivo en determinados puntos dos cascos urbanos

Preferencias

  • A que hora se ergue? Ás 6.30 horas
  • Que almorza? Un café só
  • Prato preferido: A pasta
  • Que non comería? Son bastante comedor, tal vez unha serpe
  • Bebida preferida: Coca-Cola
  • Equipo de fútbol: Son socio protector do Zas e do Baio, pero o meu corazón é do Baio
  • Que coche ten? Un Volkswagen Passat
  • Unha afección: A caza, pesca e pesca submarina
  • Un lugar: O Río Grande
  • Que tarefas de fogar realiza? Poucas, a verdade é que a miña muller ten moita paciencia comigo

Artes e letras

  • Escritor favorito: Mario Vargas Llosa
  • Último libro que leu: Un mar violeta oscuro
  • Última película que viu: Dumbo
  • Un artista: Mark Knopfler
  • Un actor: Clint Eastwood
  • Unha actriz: Meryl Streep
  • Un cantante: Brian Johnson
  • Tipo de música: Rock
  • Deporte que practica: A caza, pesca e pesca submarina
  • Unha viaxe pendente: Mergullarme na gran barreira de coral

A lista

1. José David Gómez Brandariz

2. David Rial Montes

3. José Martín Cundíns Suárez

4. Patricia Lage Magariños

5. Noelia Santos Pose

6. Xoán Camafreita Pastoriza

7. Héctor Leoncio Loureiro Rey

8. Isabel Blanco Espasandín

9. Braulio Rama García

10. María Albina Freijeiro Rey

11. Miriam Romero Pardiñas

Suplentes

1. Jorge Quintáns Pastoriza