A Carballeira: «35 años dun milagre»

Onte presentouse o cartel completo do festival, proramado para os días 3 e 4 de agosto


3 e 4 de agosto • 10 euros o bono de dous días (oferta só en xuño) • «Levo once anos de alcalde e levo once anos presentando o cartel. Detrás hai moitos recordos, alegrías, inquedanzas, tristezas, miradas cara o ceo... É necesario facer unha homenaxe a todas aquelas persoas que hai 35 anos puxeron en marcha este festival, con poucos medios e moita ilusión, para que transcendera as fronteiras de Zas e da bisbarra, e mesmo da provincia, e obraron este pequeno milagre, que cumpre 35 anos». O alcalde de Zas, Manuel Muíño, expresou así o seu sentir con motivo da presentación do cartel oficial, que se levou a cabo onte na cervexería de Estrela Galicia da rúa Concepción Arenal da Coruña. Estivo acompañado nesta ocasión pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, do director do festival, Fidel Otero, e do responsable de patrocinios de Estrella Galicia, Víctor Mantiñán.

Goretti Sanmartín apuntou na súa intervención que «un concello pequeno convértese a primeira fin de semana de agosto en toda unha festa, onde a música une e fai que milleiros de persoas se acheguen a Zas para gozar dunha música para todas as idades, con capacidade de fusionarse co entorno». A vicepresidenta da Deputación eloxiou a variedade de grupos que acoden este ano a Zas, pero, sobre todo, destacou o cartel da carballeira «e a capacidade do autor para innovar o deseño cada ano». E engadiu: «O deste ano é un dos mais potentes, cunha gran carga simbólica do elemento musical embalado que chega por correo á carballeira».

Fidel Otero, director do festival, incidiu no acordo coa empresa cervexeira, co patrocinio do festival polos tres vindeiros anos, «o que garante o futuro do festival, que este ano será máis folk e máis tradicional ca nunca, aínda que haberá moito rock para todos os públicos». O orzamento desta iniciativa sitúase «por riba dos 150.000 euros», segundo explicou Otero.

Víctor Mantiñán, responsable de patrocinios de música de Estrella Galicia apuntou «ao traballo da organización por facer do festival unha das referencias da música tradicional e folk de toda Galicia».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Carballeira: «35 años dun milagre»