Os pinchos irmandiños ceden paso ás filloas de Zas en Xantar

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Jorge Guitián guiou onte a demostración en Ourense e hoxe será a quenda para Ana Pereiro

03 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoy • 16.00 horas • Expourense (Ourense) • A 19.ª edición do Salón Gastronómico Xantar, en Ourense, segue o seu curso. Tamén os sabores da comarca continúan avanzando e, se onte puideron testarse o pan de Carballo e as súas empanadas, ou tamén os pinchos irmandiños de Vimianzo da man do historiador e crítico Jorge Guitián, hoxe será a quenda para as filloas de Zas.

Ana Pereiro, filloeira natural deste municipio e residente en Santa Comba, será a encargada de guiar a preparación en directo, prevista para las 16.00 horas. Dado que as pedras tardan en quentar o seu, ela levará tamén algunhas xa preparadas para así ir repartindo entre os presentes. A experiencia amosa que as filloas teñen tirón, tal e como a propia Ana contaba hai uns días nestas páxinas.

As filloas de Zas chegan a Xantar da man da Deputación e do Concello, e con Ana acudirá tamén Lorena, que se encargará dos pinchos doces e salgados con base nas filloas.

Polo demais, en Xantar poderase seguir degustando hoxe pan de Carballo, no estand da Deputación provincial. De feito, é o día institucional deste organismo, polo que está prevista a intervención do deputado de Turismo e edil carballés Xosé Regueira. Isto será sobre as 12.30 horas. O Salón Gastronómico pechará mañá pola tarde as portas.