La Costa da Morte presume de gastronomía en Xantar

Patricia Blanco
Patricia Blanco CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Ana Garcia

Las filloas de Zas, los pinchos irmandiños de Vimianzo o el pan de Carballo estarán en la cita, que empieza hoy.

31 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde hoy y hasta el domingo 4 de febrero se celebrará en Ourense la 19.ª edición del Salón de Turismo Gastronómico Xantar. Productos identitarios y de primera calidad, así como showcookings (demostraciones de cocina en vivo) forman parte del programa en el que, de la mano del área de Turismo de la Diputación y de los concellos, acudirán varias de las bondades gastronómicas de esta comarca, la Costa da Morte.

«Debemos ser o xeodestino máis representado», comentaba ayer el diputado Xosé Regueira, responsable del área de Turismo. Vimianzo, por ejemplo, llevará sus pinchos irmandiños. Zas volverá a lucirse con sus tradicionales filloas y Mazaricos, municipio vecino, lo hará con el bolo do pote. Tampoco para ellos es la primera vez. A mayores de todo ello, Carballo tendrá un estand propio donde todos los días habrá pan fresco para su degustación, Pan de Carballo, así como empanadas.

El Salón Gastronómico Xantar se lleva a cabo en el recinto de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) y, en definitiva, trata de dar a conocer productos autóctonos y de primera calidad que representan diferentes ámbitos del sector agroalimentario gallego, como el lácteo, el cárnico, el vitivinícola, el apícola o el hortofrutícola. Es más, lo que se pretende, pues, es fomentar el turismo a través de la gastronomía.

La Xunta, por su parte, anunció ayer que se promoverá en este Xantar 2018 la economía social, impulsando la comercialización de productos y servicios de las cooperativas.

XESÚS BÚA

«Facer filloas é algo de moita paciencia»

Por aí pódese ler que, coma as filloas de Zas, non as hai nin as fan en ningún outro sitio. Ana Pereiro, natural deste municipio, pero residente en Santa Comba xa desde hai anos, será a filloeira encargada da demostración prevista na feira Xantar. «Eu vivo en Santa Comba, pero as filloas facémolas en Zas, e son de Zas, Zas», conta. Con ela irá Lorena, que se ocupará dos pinchos a base de filloa: bacon, chourizo, doce... Este será o terceiro ano para Ana indo coas filloas ata Ourense.

-¿Como soe ir en Xantar?

-A verdade é que as filloas teñen moito éxito, sempre van moi ben. Facemos unha demostración de hora ou hora e media e como á pedra lle leva tempo quentar, tamén fago algunha xa antes de ir, cen ou así, para repartir por alí á xente. Así tamén dan a opinión sobre as quentes e as frías.

-Atrae velas comer e facelas.

-Todos os anos hai xente, pero eu recordo que do ano pasado si dicían que, cando había algunha outra demostración, igual a carpa non estaba de todo chea, pero coas filloas si [ri].

-¿Dende cando leva vostede facendo filloas?

-Ui, pois diría que un montón. Empecei a facelas para a casa, cando viñan invitados, algúns amigos ou así, e sabía que lle gustaban. Logo empezaron a pedirmas uns para levar aos pais, outros para os irmáns... ¡Como non había moito quen as fixera, morreran as avoas... ! Ao mellor debo levar uns dez anos.

-No entroido de Zas xa teñen agora case que unha cita fixa.

-Si, e cada día temos tamén máis xente que nolas pide. Ao mellor fágoas para algún restaurante ou así, próbanas alí, e logo véñenchas pedir.

-E é cousa de moito traballo.

-¡Bueno! Tenche que gustar. Facer filloas é algo de moita paciencia, non é coma un bisté ao que lle dás volta e volta. Na festa da filloa dos veciños de Loroño podes botar 10 ou 11 horas facendo nelas, e ao largo do día claro que cansa. Pero se che gusta...

-¿As filloas de Ana teñen algún segredo?

-Non... Auga, fariña, ovos e sal. Logo está a man, a pedra, a calor que teña... A temperatura, nin alta nin baixa. O moado tamén ten que estar no seu puntiño.

-¿E non forman parte de ningunha asociación?

-Para nada. Todo foi porque hai cousa duns anos chamounos o Concello, porque se lle ocorrera darlle aos nenos, no entroido, unhas filloas. Foi un éxito tremendo, e por iso seguimos.

-A filla, Noelia, vai collendo man.

-Si, e axúdame. Untar a pedra, darlle volta...

-Cando as fai para vender, ¿a que prezo van?

-A un euro, penso que baratas. Son filloas grandes, ademais, levan fariña boa, fariña de trigo...

alvite

«Mazaricos ten a mellor carne»

X. r. alvite

Aínda que a súa formación académica foi por outros camiños -é técnico en sistemas eléctricos-, José Manuel Carreira Santos conseguiu, despois de moitos esforzos, dedicarse profesionalmente á súa verdadeira vocación: a cociña. De feito, leva máis dun decenio traballando no eido hostaleiro, primeiro rexentando un albergue de peregrinos no municipio de Dumbría e, dende hai pouco máis dun ano, co asador Manduca, en Mazaricos, onde a carne de calidade é o seu produto estrela. Hoxe, de 15.00 a 16.00 horas, estará en Xantar, o salón internacional de turismo gastronómico que se desenvolve ata o domingo en Ourense, representando a Mazaricos e dando a coñecer unha materia prima que, como cociñeiro, considera inigualable. De forma paralela, poderanse degustar bolos de pote.

«Mazaricos ten, sen dúbida, a mellor carne do mundo, a da rubia galega. Na nosa zona segue habendo gandeiros que manteñen as vacas e crían os becerros de xeito tradicional, con animais que maman ata o sacrificio e que se alimentan con forraxes criados nas propias granxas. Isto transmítelle á carne un sabor e unha calidade inigualables», explica Carreira, que destaca o chuletón de vaca como a peza máis apreciada entre os que visitan o seu local, que chegan dende moi lonxe.

Carreira Santos incide tamén na importancia da curación da carne na cámara frigorífica. Faino, por outra banda, na precisa promoción. Di que Mazaricos conta con moitos atractivos e de todos eles poderá mesmo falarse en Xantar.