A Mostra de Teatro dá o pistoletazo de saída ás Letras Galegas

A cita de hoxe será no auditorio de Baio coa compañía Andaravía e a obra «República de Gundián»


A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas converterá esta noite o auditorio de Baio (21 horas, entrada libre) en escenario da segunda das cinco representacións previstas. Tralo paso pola capital municipal o sábado pasado do grupo noiés Pinchacarneiro, hoxe serán os integrantes de Andaravía Teatro, agrupación encadrada na asociación cultural Papaventos (Vedra) os que tratarán de conquistar ao xurado do certame coa súa proposta. República de Gundián é o título dunha peza para todos os públicos en clave de sátira ambientada no ano 2031 que narra o intento dunha aldea situada ao carón do río Ulla de declararse república veciñal independente. Carlos Santiago é o autor e o codirector xunto a Pepe Penabade da obra.

Letras Galegas

A Mostra de Teatro Afeccionado abre, ademais, o programa preparado polo Concello de Zas para festexar as Letras Galegas e que inclúe outros espectáculos diversos en distintos escenarios: o colexio de Baio recibirá a visita de Mamá Cabra (día 9) e de O Viravai (11); polo CPI de Zas pasarán Pakolas (15), Cándido Pazó (16) e Migallas Teatro (18); na biblioteca de zasense actuará Trinketrinke (16), que se achegará tamén á Axencia de Lectura baiesa (30), e o IES Maximino Romero de Lema abrirá as súas portas a Isa Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei (19).

Ademais, o Concello convocou un ano máis o concurso escolar de marcapáxinas. O prazo para entregar os traballos pecharase o 15 de maio.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Mostra de Teatro dá o pistoletazo de saída ás Letras Galegas