«Non contabamos con ter tanta xente nesta primeira edición»

F. Rodríguez / B. Capelán

ZAS

JOSE MANUEL CASAL

Zas acollerá o próximo domingo esta multitudinaria proba, na que xa se anotaron más de 300 atletas

03 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O próximo domingo celebrarase en Zas o primeiro Trail da Filloa, que organizou a asociación deportiva Monte Brondo. Pese a ser a estrea desta proba, cóntase xa con centos de persoas inscritas, que aínda poden apuntarse a través de Internet ata o próximo xoves. Haberá dúas categorías, que teñen como obxectivo cubrir toda a demanda de deportistas máis experimentados e simples afeccionados. Haberá categorías sénior e veteranos e os mellores clasificados recibirán un trofeo conmemorativo desta proba non competitiva. Un dos organizadores é integrante da asociación deportiva Monte Brondo é José Brenlla, que pasou polos micrófonos de Radio Voz Bergantiños.

-¿Ten máis éxito asociar ás probas nomes de alimentos?

-Visto o visto, vese que é verdade. A nós, polo menos, funciónanos.

-¿Como vai a inscrición?

-Levamos cerca de 300 inscritos. Non contabamos con ter tanta xente na primeira edición. É a primeira vez que facemos un trail destas características e non contabamos con ter tanto éxito.

-¿Por que hai dúas rutas programadas?

-O motivo foi o de dar cabida a todo tipo de xente. Hai persoas que esixen máis dificultade e hai outras que buscan un traxecto máis adaptado, por iso decidimos facer dúas probas. De momento, hai 170 participantes na ruta corta e o resto na larga.

-¿Como será a proba?

-Houbo moito traballo previo de preparación nos últimos meses. Non se utilizaron sendeiros sen máis para facer o percorrido, xa que decidimos abrir tramos para gozar de paisaxes únicos. Nestes últimos tempos estase fomentando moito o tema de correr e, nesta ocasión, é un aliciente poder desfrutar tamén do concello e do monte mentres se fai deporte.

-E, como non, haberá filloas para todos.

-As filloas levaraas todo o mundo que veña a participar. Cando estivemos pensando o nome, decidimos este pola época do ano. Conforme vaian chegando os participantes á liña de meta, a xente vai poder comer filloas. Haberá tamén trofeos para os mellores clasificados de cada unha das categorías.