«Fomos á cervexa a Senegal en canoa»

Juan Ventura Lado Alvela
J. V. lado CEE / LA VOZ

ZAS

José Manuel Casal

Topógrafo trotamundos y técnico de la autovía, Xan Mira cuenta sus peripecias en los trabajos en el extranjero

22 ene 2016 . Actualizado a las 08:01 h.

Xan Mira Reimúndez nació hace 35 años y hace 12 que es topógrafo, pero nunca trabajó tan cerca de casa como ahora porque las oficinas de la UTE que construye la Autovía Costa da Morte «están en Baio», justo la localidad de la que es originario. Aunque ya estuvo en la empresa y en la obra hace tres años esta suerte la disfruta desde mayo, cuando se reinició la actividad, pero no siempre fue así: por el camino ha tenido que coger las maletas varias veces, con suerte dispar y muchas anécdotas para contar.

Primero, el mismo día que se paró la autovía, tomó rumbo a Mauritania de la mano del vimiancés Manuel Maceiras. «Estiven só tres meses. Marchei a tempo e libreime dos problemas», explica el técnico, porque muchos de sus compañeros están sin cobrar y la empresa inmersa en todo tipo de causas judiciales.

Sin embargo, ese corto espacio de tiempo le dio para atesorar alguna anécdota que recordará toda la vida. «Estabamos unhas 25 persoas nun campamento e o único que había preto era unha aldea desas como as de National Geographic, sen electricidade nin televisión. De feito nós tiñamos un pincho [módem inalámbrico] para conectarnos todos. Nunha república islámica evidentemente non había alcohol, así que un día cando levabamos dous meses ou así arrancamos cinco: o xefe de obra, que se chamaba Manolo e era de Mazaricos aínda que non lembro o seu apelido, o mecánico, os dos camións e un mozo de 23 anos que estivera nas Palmas e que nos facía de tradutor. Estabamos á beira do río Senegal que é de onde se collía a auga para os campos de arroz que estabamos facendo. Podiamos cruzar por calquera lado pero subornamos ao da caseta e para ir buscar unhas cervexas collemos unha canoa e cruzamos a Senegal. Alí debiamos tomar un taxi, pero non os había, así que nos metemos 10 persoas para facer 12 quilómetros nun carro tirado por un cabalo só ata chegar ao pobo», relata Mira, que todavía no acabó ahí su aventura. «Ao chegar dixéronnos que alí tampouco había alcohol e que a solución era coller un autobús a outra localidade a 50 quilómetros. Como o xefe era o que mandaba alá fomos e trouxemos dúas ou tres caixas de Heineken e máis un pouco viño. Dounos para un par de cervexas por barba na comida do campamento ao outro día», recuerda el técnico con humor.

Después de Mauritania vino Perú, «a 3.000 metros de altura, pero aquilo xa era unha pequena cidade», con Antalsis, una empresa coruñesa que también quebró ya para hacer un puente atirantado. Posteriormente llegó Bolivia, donde también le tocaron puentes, en este caso tres para el paso del tren en una región selvática.

En contra de las experiencias de ochos muchos trabajadores de la construcción de la zona, Xan no se trajo la idea de que estos países están plagados de vagos. «Atopeime con moita xente que traballaba e que traballaba ben», incide, al tiempo que recalca que hay que entender las circunstancias: «O problema alí son os ritmos de traballo, moitas veces non podes correr como aquí. Pides unha grúa e non a hai e a que vén ao mellor ten 60 anos e botas máis días no taller que traballando».

Pese a las advertencias sobre la peligrosidad, y aunque fue consciente de situaciones más que desagradables, como ver «nenas violadas nas estradas en Bolivia», incide en que cuando vas a un lugar «hai que facer como os de alí» y cita, por ejemplo, el caso de los taxis en Perú: «Dicíanche que chamases só coñecidos porque che podían atracar que é certo, tamén os atracan a eles e algúns tenme contado de baixarse por desconfianza, pero en calquera caso aos europeos parece que nos teñen máis respecto. Saben que as consecuencias de facernos algo acostuman a ser peores», resume.

La anécdota

Mira confía poco en los currículos porque «as mesas están cheas deles» y cuenta cómo consiguió su trabajo en Perú: «Eu bailo en Adro e estou na directiva, ademais de nos veteranos do Laxe. Nunha viaxe a Arxentina co Concello de Zas, foi un enxeñeiro que tamén baila o que me ofreceu o traballo».