«Óleos en lámina», na sala Antón Mouzo de Vimianzo dende este venres

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Vista exterior da Casa da Cultura de Vimianzo
Vista exterior da Casa da Cultura de Vimianzo ANA GARCIA

Nova exposición na Casa da Cultura, desta volta obras pictóricas de Fernando Lado, Ferny

30 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Inauguración este venres • A sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este venres, ás 17.00 horas, a inauguración da exposición de pintura Óleos en lámina, do artista Fernando Lado, Ferny, veciño de Cee e dende a infancia vinculado a esta disciplina. Referencia dende o Concello de Vimianzo a diversidade temática e liberdade creativa da súa obra. Así, aínda que con predilección pola ficción e a fantasía, tamén se interna na paisaxe ou retrato, tendo labrado ao longo de todo este tempo unha técnica propia. O que se poderá ver en Vimianzo ata o vindeiro 26 de outubro é unha selección dos seus traballos, achegando ao público á súa particular mirada. Convida o consistorio a achegarse tanto á inauguración como á propia sala para gozar das obras.