¡Inclúe álbum! Máis de 900 persoas tomaron parte nesta Merenda Campestre de Calo, Vimianzo
16 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Churrasco, tortilla, empanada, chourizos, sobremesas e outras delicias era o que había onte en Castrobuxán (Calo, Vimianzo). A 16.ª Merenda Campestre promovida pola asociación local «vai a máis», como narraba Javier Trillo pasadas as catro e cuarto da tarde, rematando case co reparto das viandas. Xuntaron desta volta nada menos que a unhas 950 persoas, pequenos e grandes, e en cada edición «caras novas», festeiros que chegan de fóra atraídos por un menú de confraternidade que tamén incluía queimada e música e baile con Río Grande, Gala ou Maracaibo. Tamén por aquí quixo chover algo, orballar, mais quedouse nun «susto», nun refrescar do terreo, e todo seguiu segundo o previsto. Xa o venres, coa procesión de subida da imaxe e o reparto de chourizos, houbera en Castrobuxán boa festa. Un equipo de arredor de 25 persoas atendeu todos os detalles da cita.