A primeira parada da entidade vimiancesa será o vindeiro luns 8 de xuño
03 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A asociación cultural Neira Marcos de Salto ten varias citas no horizonte. Unha, o vindeiro luns 8 de xuño, coa celebración da súa asemblea xeral ordinaria, ás 21.00 horas no salón parroquial de Castromil (Vimianzo). Abordarán as contas do ano pasado, as actividades deste 2026 e tamén rogos e preguntas. Avanza a entidade, doutro lado, que volverán festexar a tradición cachela de San Xoán: 21.00 horas do día 23.