Sairán hoxe ás dez en Woutick, pero a capacidade é moi limitada
30 may 2026 . Actualizado a las 00:42 h.Hoxe • 10.00 horas • Ás dez da mañá de hoxe sairán á venda as entradas para a Cea Medieval, unha das citas máis agardadas da programación do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Os tiques poderán conseguirse a través da plataforma Woutick, mais a capacidade é moi limitada, así que adoitan esgotarse en cuestión de minutos. Cómpre, por tanto, ser rápido á hora de acceder ao portal.
A deste ano será a décimo quinta edición da cea, que se celebrará como sempre na noite previa ao Asalto, na do venres 3 de xullo, no foxo da fortaleza. Completarán as viandas unha ofrenda musical a cargo de Cé Orquestra Pantasma, así como concertos no campo da festa (con entrada).