Foi presentada no castelo este xoves a 29.º edición do Asalto. Avanzan «días trepidantes»
21 may 2026 . Actualizado a las 23:25 h.Marta Miñones, da asociación Axvalso, fixo este xoves unha apreciación na presentación do 29.º Asalto ao Castelo de Vimianzo que amosa ben o tempo pasado: «Cando empecei a facer o Asalto non precisaba lentes de preto para ler», riu. Pero aló van case tres decenios e aí veñen por diante «días trepidantes de actividade», que foi como os definiu Manuel Rial dende a entidade Cherinkas. O groso será o venres 3 e o sábado 4 de xullo.
Coñecidos xa dende hai días os grupos que actuarán, faltaba coñecer a distribución —ver abaixo— e saber que o Asalto de Vimianzo vai moito máis alá da música. Será Cea Medieval (15 edicións, reserva de entradas a partir do 28 do maio), será narración oral, serán microrrelatos, feira de artesanía, divulgación da historia irmandiña, deporte , xogos e Asaltiño, teatro e, en conxunto, irmandade. Vese na elección dos pregoeiros, por exemplo: este ano será a quenda para as Festiletras do Couto. «Somos festivais irmáns», dixo Rial antes de agradecer a todas as persoas e institucións que botan unha man: «Este non é un festival feito por intereses económicos, nin montado por unha empresa, é un festival feito por voluntarios e asociacións que, aínda así, fomos profesionalizando co tempo». Tanto, que é de Interese Turístico. Poden consultar toda a programación ao detalle, e xestionar entradas, na web asaltoaocatelo.gal.
Historia e actualidade
«É esta unha festa inspirada nas revoltas irmandiñas, pero que trasladamos ao presente. Hoxe os nosos inimigos non son os señores feudais, son a polarización, o individualismo, a indiferenza, as redes sociais que nos afastan e enfrontan. O Asalto é o contrario (...), empurrar xuntos unha loita simbólica, atoparnos veciños e visitantes sen filtros nin algoritmos. Non é importante o like, senón a man que che axuda a subir ao máis alto do castelo», afirmou Marta Miñones. Falou da unión para ser invencibles, e tivo memoria de Palestina.
Ás dez edicións, pola súa banda, chegará a Legua Irmandiña, con percorridos para pequenos e a legua para os adultos, uns 5 quilómetros «sinxelos» en palabras de Vanessa Caamaño, do club Terra de Soneira. Como «teloneiros», xa na súa 17.ª edición, os Pinchos Irmandiños: «Cinco días de máxima afluencia para Vimianzo, do 30 de xuño ao 4 de xullo, do martes ao sábado, mañá e tarde, cada ano tratando de reinventarnos», apuntou Cristina Landeira no nome dos hostaleiros. Teñen o patrocinio de Hijos de Rivera: foi Loreto Rodríguez, en representación da firma, quen aludiu a unha conxunción de valores e sintonías coa festa, empezando polo de «comunidade».
Coa Agadic desculpada por non poder asistir —este ano colabora cunha axuda—, foron Xosé Luís Penas, deputado provincial, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo e plena de agradecementos, as voces institucionais. Ambos aludiron a unha festa feita polo pobo e para o pobo, «a base de persoas que cren», á identidade, ao patrimonio e á súa dinamización a través da cultura.
DE SÁBADO 20 DE XUÑO A DOMINGO 5 DE XULLO
- 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)
DE LUNS 22 DE XUÑO A VENRES 3 DE XULLO
- 10:00 a 14:00 | Campamento Infantil (Temática Medieval)
VENRES 26 DE XUÑO
- 20:00 | Festival Atlántica: narración oral con María da Pontragha (Castelo)
- 00:00 | II Certame de Microrrelatos Irmandiños (por Internet: fin do prazo de inscrición)
SÁBADO 27 DE XUÑO
- 11:30 | Mesa de Reflexión sobre a Historia Irmandiña (Patio do Castelo): Anselmo López Carreira: “Os Irmandiños na Historia”; Carmen Blanco Sanjurjo: “A Literatura como Medio Divulgador da Historia”; Miguel García-Fernández: “As Moscoso e Vimianzo: o Poder Feminino na Idade Media”
- 21:00 | X Legua Irmandiña (Praza do Concello-Castelo)
DE MARTES 30 DE XUÑO A SÁBADO 4 DE XULLO
- 12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 (horario-base) | XVII PINCHOS IRMANDIÑOS
MÉRCORES 1 DE XULLO
- 20:00 | XV Circuíto Musical (Rúa). Coral O Son do Val: Cantos de Taberna
XOVES 2 DE XULLO
- 17:00 | IV Tarde-Noite Infantil Meiga (Foso do Castelo)
- 20:00 | XIII Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
- 20:00 | XI Des-enterro Irmandiño (Rúa)
- 23:00 | IV Aquelarre de Ánimas de Palleiro para o Chamamento á Loita (Praza do Concello)
VENRES 3 DE XULLO
- 19:00 | XIII Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
- 19:00 | A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
- 21:00 | XV Circuíto Musical (Rúa): Dautaka
- 21:00 | Ofrenda Musical: Cé Orquestra Pantasma (Foso do Castelo)
- 21:30 | XV Cea Medieval (Foso do Castelo). Pallaso Blanco / Cé Orquestra Pantasma. Queimada: Druída Miguel Queiro
- 23:30 | Ulex
- 01:00 | Che Sudaka
- 02:30 | Quinkillada
- 04:00 | Yaya DJ
SÁBADO 4 DE XULLO
- 10:00 a 20:30 | XIV Feira Artesanal
- 11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros Infantís: Cruz Vermella
- 11:00 | Mesa de Presentación. Xogos de Mesa de Temática Medieval: INCUDE
- 11:15 | Bruxo Medieval Iván Tourís
- 11:30 | Xadrez: Torneo de Rápidas (todos os públicos): INCUDE
- 12:00 | Bruxo Medieval Iván Tourís
- 12:30 | XIII Espazo Artístico Itinerante (Rúa)
- 12:30 | XV Circuíto Musical (Rúa): Lilicleta
- 12:30 | Coídos: Música desde o Coração do Mundo
- 13:30 | O Rabelo e Nenaza
- 14:30 | Tapa d ?Orella
- 16:00 | Torneo Internacional de Xadrez (por Internet): INCUDE
- 16:00 | Aturuxos Irmandiños. Arenga Musical: Banda Plástica con Medio Quinhón
- 16:30 a 17:30 | XIII ASALTIÑO
- 16:30 | Irrupción da Hoste dos Moscoso
- 16:45 | Concentración de Tropa (Praza Castelao)
- 17:00 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
- 17:15 | Obradoiro de baile tradicional con Cris Canosa
- 17:30 | XI Viaxe no Tempo. Historia Dramatizada do Castelo (Patio do Castelo)
- 17:45 | Torneos de Carcasonne e Catro en Liña: INCUDE
- 17:55 | Premios do II Certame de Microrrelatos Irmandiños: INCUDE
- 18:00 | Alberto Mvundi: Musseque
- 19:00 | X Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira
- 19:45 | VIII Pregón (Festiletras) + Izado da Bandeira Irmandiña
- 20:00 | XV Circuíto Musical (Rúa): Dautaka / Medio Quinhón / Rapacollón ?s Big Band / Lilicleta
- 20:30 | De Ninghures
- 22:00 | En Tol Sarmiento
- 23:30 | ASALTO AO CASTELO
- 01:00 | Dakidarría
- 02:30 | Los de Marras
- 04:00 | Festicultores
DOMINGO 5 DE XULLO
- 11:00 | Visita Guiada (Castelo)
- 12:30 + 17:00 | Visita Teatralizada: Quinquilláns (Castelo)
- 13:30 | Sesión Vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)
- 20:00 | Festival Atlántica: narración oral con José Luis Gutierrez “Guti” (Castro das Barreiras)