«Black Box» en Vimianzo e outras interesantes citas na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

A residencia artística de «Black Box» vénse levando a cabo estes días en Vimianzo
A residencia artística de «Black Box» vénse levando a cabo estes días en Vimianzo .

Axenda diaria | Este xoves 7 de maio tre tamén saúde, arte, cine ou literatura á comarca

07 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Ás 11.00 horas deste xoves 7 de maio, no auditorio de Vimianzo, poderase acceder a un pase aberto do espectáculo Black Box, que vén facendo residencia artística na Casa da Cultura nos últimos días. «Unha saga familiar, unha proposta escénica con dirección, texto, dramaturxia e música de Hugo Torres, en coprodución co Centro Dramático Galego», presenta o Concello. Como temas, a identidade, a memoria familiar, a tradición oral ou a celebración colectiva: todo, combinando relato oral, creación contemporánea e mirada poética . Gabriel Calderón, Marta Pazos —deseño de espazo e vestiario— ou Iván Núñez Casal —iluminación— son nomes tamén ligados ao proxecto. Acceso libre ata completar o aforo.

Para esta mañá está prevista apertura de exposición no Ézaro
Para esta mañá está prevista apertura de exposición no Ézaro .

Saúde, arte, cine e literatura: máis citas para hoxe

Hoxe • Ademais da cita coas artes escénicas de Vimianzo, hai outras para hoxe na Costa da Morte. A Carballo chegará ás 16.30 horas —sala de formación Cervantes, no mercado— a cátedra AECC-UDC Exercicio contra o cancro. A esa hora está prevista unha charla sobre os beneficios do exercicio físico nas persoas que sofren esta enfermidade.

Na Casa da Cultura de Corcubión, ás 21.00, Sr. Lobo Cineclub proxectará o filme The salt of the earth (O sal da terra, 1954), con acceso de balde e coloquio posterior. A biblioteca de Coristanco acollerá ás 17.30 o obradoiro artístico Ramas literarias, para pequenos de primaria e en torno ao seu universo lector. As prazas son limitadas e cómpre inscrición no 981 733 280. Finalmente, na zona da pérgola do Ézaro (Dumbría) inaugurarase ás 11.30 horas a mostra de retratos Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación, unha ocasión única.