
A actividade forma parte do ciclo co que a Deputación da Coruña conmemora a Festa da Música
11 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá hoxe unha das actuacións coas que a Deputación da Coruña celebra estes días a Festa da Música. A partir das once da mañá, o público poderá gozar do espectáculo A cadeira da avoa, de As Tareixas. O día 21, por outra parte, actuará A Banda da Loba no auditorio de Cee.