
A agrupación coruñesa actuou onte en Vimianzo no marco da programación municipal «A Costa da Vida»
27 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá ben especial a que se viviu onte na vella escola de Berdoias, en Vimianzo, onde tivo lugar un dos espectáculos previstos na programación A Costa da Vida. Ata alí se achegaron as pandeireteiras da localidade, que abriron a mañá cun par de temas, e a agrupación coruñesa Pan Sen Fron, da que forma parte a vimiancesa Tania Caamaño, precisamente natural de Berdoias.

Dicía onte á tarde que «tocar na casa é moi especial» e que o máis único sucedeu xustamente despois do espectáculo, pois uns e outros xuntáronse para compartir unhas pezas «con total liberdade, sen tempos, cantos tradicionais, como se fixo toda a vida», apuntou a intérprete. Numeroso público achegouse onte ata a escola, onde o Concello tamén proporcionou un pequeno ágape trala actuación.