Pandeiretas, contos, música, callos e viño: vida en Carnés

P. B. M. CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

O programa A Costa da Vida chegou o domingo a esta parroquia, con Vero Rilo, Cribeiro e tocadoras locais 

31 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Costa da Vida [propostas culturais itinerantes polas 14 parroquias de Vimianzo] chegou este domingo a Carnés. Vero Rilo e Santi Cribeiro levaban o espectáculo Tralalareira, mais no centro social agardaba talento local, as pandereteiras de Carnés. Uns e outros improvisaron contos xuntos. «Emocionante que as novas xeracións sexan boas tocadoras e repeniquen a pandeireta... unha homenaxe ás que xa non están», publicou a técnica Nieves Lema, ela mesma natural da parroquia. Houbo callos da Casa de Ferrín, boliñas da Panadería José de León, empanada e viño. «Pouco máis unha pode pedir», confesou Rilo.