O vento obriga a aprazar o concerto das Tanxugueiras en Vimianzo 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Tanxugueiras.
Tanxugueiras. M.Moralejo

Ía ser este luns, véspera das Letras Galegas, mais será  este martes, 17 de maio. O Concello informa de que, ante todo, debe primar a seguridade de artistas e público 

17 may 2022 . Actualizado a las 01:10 h.

Non puido ser este luns, malia que as expectativas eran máximas. O Concello de Vimianzo comunicaba a media mañá que as entradas estaban esgotadas. Unhas 3.000 persoas citaríanse na capital de Soneira para gozar, na véspera das Letras, do concerto de Aida, Sabela e Olaia, as Tanxugueiras, na súa primeira parada coa Xira Midas pola Costa da Morte. Non obstante, as malas condicións de tempo levaron ao consistorio a tomar a difícil decisión de pospoñer a actuación. Concretamente, a causa do vento: «Un tensor de aceiro pertencente á estrutura do escenario quebrou por efectos das fortes ráfagas de aire», comunicaba pasadas as sete da tarde. Ante esta situación e tendo en conta as previsións, non consideraba o consistorio garantida a plena seguridade nin das artistas nin do público. E iso, como di a alcaldesa, Mónica Rodríguez, ha de ser sempre o prioritario, a seguridade. 

O Concello vén de comunicar, non obstante, xa a nova data: martes 17 de maio, o propio día das Letras Galegas, ás 21.30 horas. En breve irán dando a coñecer novos detalles.