«Por culpa do xeo perdín dúas furgonetas e non podo levar o pan a moitos lugares»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Fernando Espasandín, de Pan Ignacio, es uno de los muchos afectados por el tiempo de los últimos días: «Tivemos que retrasar as entregas porque reiniciamos a repartición máis tarde»

10 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Fernando Espasandín es de Vimianzo y regenta el emblemático negocio Pan Ignacio Panadería y Pastelería. Y además de tener que lidiar desde hace diez meses con las secuelas del covid-19 en forma de confinamientos, toques de queda, cierres perimetrales y restricciones a la hostelería, ahora le toca bailar como buenamente puede con las intensas heladas de los últimos días. «En cinco días, e por culpa do xeo, perdín dúas furgonetas, que quedaron sinistradas porque custa máis arranxalas que o seu valor venal, teño unha empregada de baixa, aínda que por sorte atópase ben do accidente de tráfico que sufriu por culpa do xeo, e non podo facer a repartición de pan por todos os lugares debido á perigosidade que hai en moitas estradas, sobre todo da rede secundaria», explicó.

Las adversas condiciones climatológicas de los últimos días le han obligado a modificar los horarios de trabajo: «É normal que non haxa sal para todas as estradas, é inviable, e o lóxico é que haxa que priorizar, pero iso supón, por exemplo, que nós iniciemos os percorridos con dúas horas de retraso sobre o horario habitual porque temos que esperar a que o sol saia e quente o asfalto para que se eliminen as placas de xeo e así poder ir polas casas». Y añadió: «Este xoves tiven todas as furgonetas paradas en atascos ou tiradas nas cunetas porque non se podía pasar debido ás grandes capas de xeo que había. Os repartidores quedaron tirados en Santa Comba, Cee, indo para Camariñas, en Muxía, en Carballo e Dumbría. Houbo que esperar a que o sol fixera acto de presenza para reiniciar o traballo porque non había sal nas estradas e tampouco houbo máquinas nin tractores para facer estes traballos. Visto o visto decidiuse entón empezar a repartición diaria con dúas horas de retraso sobre o horario previsto para evitar accidentes e non poñer en risco á xente».

Las complicadas y duras condiciones climatológicas también afectaron, y mucho, a las rutas de reparto que lleva a cabo el personal de Pan Ignacio: «As xeadas o complican todo moito. Hai un sitio preto do embalse, que se chama Brandoñas, ao que é imposible acceder por culpa das placas de xeo, e mentres se prolongue esta situación será imposible facelo. Vímonos na obriga de facer cribados para non poñer en perigo aos traballadores. Pero como nós, estamos por desgraza todos os que nos dedicamos ao reparto de pan polas casas. Síntoo moito polos veciños, pero é moi perigoso».

Fernando Espasandín aprovechó la ocasión para agradecer la compresión de muchos de sus clientes: «Pedimos paciencia porque o importante é chegar, aínda que sexa tarde».