Sandra Suárez, responsable do covid no PAC de Vimianzo: «Faltaron e seguen faltando recursos. Non se pode facer unha atención axeitada sen os medios necesarios»

C. D CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Ana Garcia

O persoal do centro indica que a situación é insostible

20 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Preocupados. Así está o personal do PAC de Vimianzo que mira con incertidumbre ao futuro próximo. Sandra Suárez, responsable do covid, alerta da falta de medios.

-Como se reorganizaron?

-Establecemos circuítos para a atención dos pacientes, escalonamos os horarios de analíticas e de controles de Sintrom para evitar aglomeracións.

-Faltaronlles recursos?

-Faltaron e seguen faltando. En marzo atopámonos sen protección fronte ó virus. Temos que agradecer as colaboracións de concellos, persoas, empresas, e os equipos do Prestige que nos entregaron as cofradías.

-En que situación están agora?

-No verán, o persoal diminuíu. Este ano notouse máis pola indicación de dirección de desfrutar todos as vacacións antes do outono, en previsión de que a situación se complique. Con isto, poñémonos en axendas sobrecargadas entorno ós 50-60 pacientes diarios, Non se pode facer unha atención axeitada.

-A atención primaria é básica.

-O médico de familia é a figura máis próxima ao paciente. O Sergas leva unha década minguando recursos humanos e económicos. Non se repoñen as xubilacións, non se substitúen as ausencias, temos unha pediatría totalmente sobrecargada, atendendo os 3 concellos do servizo, Camariñas, Zas e Vimianzo, moitos días. Non podemos seguir así.

-Como afrontan o Outono.

-Con preocupación polas posibles secuelas e a evolución dos contaxios. Preocúpannos tamén os problemas sociais. As familias vanse atopar dificultades para coidar ás crianzas se caen en corentena. Os gobernos non teñen un plan realista ante isto.