Finou aos 76 anos de idade Xosé María Méndez Doménech

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

JM CASAL

OBITUARIO | Tiña en Casa en Treos, Vimianzo, a coñecida como Casa dos Calzada. Deixa viúva, Josefina, e catro fillos, Ignacio, Guadalupe, Eduardo e Xacobe

21 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Nacido no 1944 en Santiago, finou este pasado 19 de agosto, aos 76 anos de idade, Xosé María Méndez Doménech. Tiña en Casa en Treos, Vimianzo, a coñecida como Casa dos Calzada. Deixa viúva, Josefina, e catro fillos, Ignacio, Guadalupe, Eduardo e Xacobe. Os seus restos serán despedidos na intimidade familiar no crematorio tanatorio Servisa-A Coruña. Méndez Domenéch, gran investigador da comarca e tamén directivo do Seminario de Estudos Comarcais (Semescom) no seu día, procurou asemade a historia da súa familia, entre outros moitos asuntos de diferentes materias. Posuía Méndez un extenso arquivo documental.